Plan de Relevo Xeracional nos autónomos galegos

Plan de Relevo Xeracional nos autónomos galegos

Plan de Relevo Xeracional nos autónomos galegos

O portavoz socialista de Industria e I+D+I, Abel Losada, presentou está mañá unha proposición non de lei para instar á Xunta a desenvolver un Plan de fomento de substitución xeracional no traballo autónomo.
Realizou este anuncio tras reunirse co Secretario Xeral da Unión de Traballadores Autónomos de España, Eduardo Abad, e que facilitaría o emprendemento dos máis xóvenes.

Losada defendeu a necesidade urxente de buscar solucións ós problemas dos autónomos, lembrando que “representan un 25% da poboación produtiva da nosa Comunidade Autónoma” e que “contribúen de maneira indiscutible á xeración de emprego e riqueza nos pobos e cidades”.

Nesta liña lamentou que as necesidades deste colectivo “leven anos fóra da axenda política do goberno do PP”, acusando ó executivo galego de “pasar de puntillas” polos problemas dos autónomos.

O plan proposto polo grupo socialista conta con tres fases: “un diagnóstico profundo, serio e solvente” sobre a situación dos autónomos, unha “definición dos colectivos prioritarios, con especial atención ás persoas en risco de exclusión e os máis xóvenes”, e unha “posta en marcha de medidas instrumentais”.

Entre estas medidas instrumentais Losada destacou a posta en marcha de plans de formación e emprendemento, “algo moi defendido pero moi pouco aplicado polo goberno de Feijoo”, a posibilidade de que aqueles autónomos que fracasaran podan acollerse a unha segunda oportunidade, e un apoio fiscal que facilite un relevo xeracional dos autónomos.

“O obxectivo é garantir unha sustitución xeracional dos autónomos ás portas da xubilación, e beneficiar ás persoas máis novas, entre 18 e 30 anos, apostando por unha rexeneración do tecido sociodemográfico e económico do conxunto de Galicia, e en especial das vilas rurais e do interior” explicou o deputado socialista.

“Unha iniciativa vital para os autónomos”

O Secretario Xeral da Unión de Traballadores Autónomos de España, Eduardo Abad, calificou a iniciativa socialista como “fundamental para estruturar o mundo do traballo autónomo e o relevo xeracional”, defendendo que este colectivo é “o que completa a actividade dos pobos e das cidades e vertebra a economía de Galicia”.

Abad agradeceu ó grupo socialista ó seu apoio ó colectivo que representa, lembrando que “mais de 80.000 autónomos en Galicia teñen máis de 55 anos” e insintindo na “necesidade de que as administración públicas actúen antes de que se converta nun desastre”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar