Plan de contención para axudar aos viticultores afectados polas xeadas

Plan de contención para axudar aos viticultores afectados polas xeadas

Plan de contención para axudar aos viticultores afectados polas xeadas

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, reclamoulle hoxe á xunta un Plan de Contención para axudar aos viticultores e produtores de castaña afectados polas xeadas do pasado mes de abril. O responsable socialista defendeu hoxe a proposición non de Lei de Iniciativa Popular rexistrada polo sindicato Unións Agrarias o pasado mes de xuño, que será votada mañá mércores.

Quiroga defendeu o paquete de medidas plantexado polo sindicato para demandar un respaldo “suficiente e sostido” dende o goberno galego para “asegurar a supervivencia das explotacións que se viron afectadas” polos efectos meteorolóxicos da pasada primavera. Estas cebáronse especialmente nas viñas de Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei, e na castaña dos mesmos lugares.

Apuntou que as perdas na colleita de uva, que oscilaron entre o 40 e o 80 por cento, ascenderon aos 15 millóns de quilogramos, equivalentes a 12 millóns de euros de produción. A castaña padeceu, ademais das xeadas de abril, a seca posterior, que reduciu á metade unha produción estimada en 20 millóns de quilogramos de produto cun valor aproximado de 40 millóns de euros.

Apelou á “sensibilidade” e ao “compromiso” promocionado polo goberno galego co mundo rural, para garantir “a pervivencia dun medio que por moitos titulares bonitos que poñamos na prensa, segue unha derrota de abandono, envellecemento e desleixo”. Alertou do “estrepitoso fracaso” das “receitas” do Executivo para un rural que abrangue o 80 por cento do territorio e tan só o 30 por cento da poboación.

Quiroga reclamou “un deseño territorial social, económica e medioambientalmente sostible co que poder frear a crise demográfica na Galicia rural e implementar o relevo xeracional nas explotacións agrogandeiras”. Instou ademais a “adaptar os seguros á realidade produtiva e da propiedade deste país”.

Propuxo axudas directas a viticultores e produtores de castaña, bonificacións nas cotas á Seguridade Social, rebaixas no IRPF, unha liña de créditos a interese cero para afrontar os danos, solicitar a declaración de Zona de Emerxencia nas Denominacións de Orixe afectadas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar