Pinza de Feijóo e Rajoy para estrangular ás universidades públicas

Pinza de Feijóo e Rajoy para estrangular ás universidades públicas

Pinza de Feijóo e Rajoy para estrangular ás universidades públicas

UniversidadeA portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, denunciou a “pinza de Feijóo e Rajoy” de consecuencias “terribles” para estrangular o financiamento das universidades públicas. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei do Grupo Socialista dirixida a aumentar os fondos do novo Plan de Financiamento Universitario e o seu debate no Parlamento, que foi vetada polo PP.

A deputada socialista acusou ao goberno galego de “incumprir cos seus compromisos” ao reducir os orzamentos públicos destinados á universidade mentres “acusan aos reitores de pedir mais diñeiro”. Dixo que a realidade é que “hoxe contan con menos fondos, e unha parte importante dos que hai non os executan” en comparación co goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño.

Burgo lembrou que, mentres Rajoy reduce os orzamentos para I+D nun 60 por cento, o goberno de Feijóo reduciu os fondos destinados ás universidades nun 14,5 por cento dende o ano 2009, mentres deixan sen executar ata un 25 por cento dos fondos destinados a I+D+i. Acusou ao goberno galego de presentar datos falsos, ao anunciar que teñen destinado 2.200 millóns de euros a investimento en cinco anos, cando “apenas acadan 1.890”.

O goberno galego incumpriu o Plan de Financiamento 2011 – 2015, cando para o ano 2015, mentres se prometeron 425 millóns de euros para as universidades, o goberno galego consignaba 372 millóns de euros, comprobando que “a rebaixa non se corresponde ao 5 por cento de redución da masa salarial, é que prometeron e non cumpriron”.

Acusou a Feijóo de incumprir tamén a promesa de que en 2015 acadaría a un investimento do 1 por cento do PIB no SUG, pero “o que fixeron realmente é reducir o investimento do 0,8 por cento que acadou co goberno de Touriño a apenas o 0,65 opr cento actual”.

Reclamoulle ao goberno galego que siga o modelo de Francia ou Alemaña, que vivindo as mesmas dificultades económicas priorizaron o investimento no I+D para deixar atrás a crise. Puntualizou que “isto non é un xogo, trátase de sobrevivir ou non, de ter a prioridade de investir onde é necesario e deixarse de gasto superfluo en propaganda”.

Burgo considerou “milagroso” que as universidades manteñan o seu nivel de calidade co estrangulamento dos orzamentos grazas a que puideron captar un 30 por cento de financiamento externo, por riba do resto das universidades do Estado.

Proposta

Os socialistas galegos reclamaron consensuar un novo Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia 2016 – 2020, que o goberno galego “tiña comprometido para xullo e que non teñen feito”. Os socialistas galegos instaron ao goberno galego a situar o orzamento das universidades no camiño de acadar o 1,5 por cento do PIB no horizonte do ano 2020.

Esta é a única maneira, dixo, de “garantir a sostibilidade, suficiencia e estabilidade orzamentaria e financeira do SUG, manter a equidade, permitir mellorar a eficiencia e eficacia dos servizos universitarios, preservando as singularidades e especificidades de cada unha das universidades e a súa autonomía e permitir a súa converxencia coa media dos sistemas universitarios da UE.

Ademais, reclamoulle ao goberno galego que presente o Plan de financiamento do SUG na Cámara autonómica para o seu debate, permitindo que os grupos parlamentarios presenten e debatan as súas propias propostas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar