"Ping-pong" entre Xunta e Concello de Ourense polo destino dos terreos da Estación de Autobuses

"Ping-pong" entre Xunta e Concello de Ourense polo destino dos terreos da Estación de Autobuses

“Ping-pong” entre Xunta e Concello de Ourense polo destino dos terreos da Estación de Autobuses

A deputada socialista Noela Blanco denunciou hoxe que Xunta e Concello “xoguen ao ping-pong” co futuro uso dos terreos da estación de Autobuses de Ourense, logo do seu traslado previsto á intermodal do AVE. Lembrou que “o alcalde agóchase detrás da Xunta, para que esta diga hoxe que a competencia é da Concellería de Urbanismo”.

Así o dixo logo da resposta do goberno galego, quen hoxe “devolveu de novo a pelota ao alcalde” a quen lle reclamou que “deixe de agochar a súa ineficacia e mala xestión detrás do goberno galego”. Lembrou que hai un ano dixera que traballaban “de maneira conxunta coa Xunta” para construír un parque público, un aparcamento disuasorio “e algo máis”.

En opinión de Blanco o goberno galego declinou hoxe toda responsabilidade, polo que esixiu “que rematen coa súa estratexia da confusión, coa súa improvisación e o seu escurantismo” coa xestión dun alcalde que “non da a cara e minte descaradamente á opinión pública e aos veciños e veciñas”.

Cerimonia da confusión

A responsable socialista levou ao Parlamento a demanda dos veciños e veciñas, representados neste caso na Asociación de Veciños de As Termas, e o propio concello, que o 3 de xuño de 2016 aprobaba de forma unánime pedirlle a construción dun parque público nos terreos que actualmente ocupa a Estación de Autobuses, momento en que comezou “toda esta cerimonia da confusión”.

Noela Blanco lembrou que os terreos foron cedidos para construír a dita Estación, polo que propuxo “facer uso do dereito de reversión” dos mesmos e “poñer tódalas cartas boca arriba e explicar que é o que vai acontecer co solar”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar