Pilar Cancela valora “a elevada participación dos militantes” na elección do novo secretario xeral, que en Galicia foi próxima ao 70%

Pilar Cancela valora “a elevada participación dos militantes” na elección do novo secretario xeral, que en Galicia foi próxima ao 70%

Pilar Cancela valora “a elevada participación dos militantes” na elección do novo secretario xeral, que en Galicia foi próxima ao 70%

“O valor da militancia é o mellor activo do Partido Socialista, hoxe foi unha festa da democracia”, asegura Pilar Cancela

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, felicitou hoxe “a toda a familia socialista pola xornada que acabamos de vivir, unha festa da democracia”, cunha participación en Galicia do 68,63% co 92,92% do voto escrutado.

Nunha primeira valoración das votacións para a elección do novo secretario xeral, Cancela destacou “o valor da militancia” e agradeceu a interventores e membros das mesas o seu traballo durante a xornada. A participación en Galicia foi superior á da votación na que José Ramón Gómez Besteiro converteuse en secretario xeral do PSdeG (63,80%).

Co 92,92% escrutado en Galicia (participación do 68,63%), Pedro Sánchez obtivo 3.684 votos (o 50,47%), Eduardo Madina 2.774 votos (38,01%) e José Antonio Pérez Tapias 841 (11,52%). Os datos definitivos poden consultarse na web http://consultasg2014.psoe.es/.

Por provincias, en A Coruña, co 95% escrutado, a participación foi do 68,41%. Pedro Sánchez obtivo 1.260 votos (o 45,49%), Eduardo Madina 1.117 (40,32%) e Pérez Tapias 393 votos (14,19%).

En Lugo, co 90% escrutado, a participación foi do 71,14%. Pedro Sánchez obtivo 974 votos (o 65,68%), Eduardo Madina 376 (25,35%) e Pérez Tapias 133 votos (8,97%).

En Ourense, co 87% escrutado, a participación foi do 70,66%. Pedro Sánchez obtivo 347 votos (o 38,26%), Eduardo Madina 469 (51,71%) e Pérez Tapias 91 votos (10,03%).

En Pontevedra, co 94% escrutado, a participación foi do 66,40%. Pedro Sánchez obtivo 1.103 votos (o 51,57%), Eduardo Madina 812 (37,96%) e Pérez Tapias 224 votos (10,47%).

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar