Pilar Cancela trasládalle a Pedro Sánchez o acordo das normas e o calendario para as primarias do PSdeG

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, mantivo esta mañá unha reunión con Pedro Sánchez na sede de Ferraz antes da xuntanza da Permanente da Executiva Federal para trasladarlle de xeito formal ao secretario xeral as decisións sobre as normas e o calendario do proceso de primarias e de Congreso aprobadas en Galicia.

Cancela transmitiulle a Sánchez a folla de ruta para rematar coa interinidade do partido na comunidade e elixir unha nova dirección galega. Estas normas, que foron aprobadas de forma definitiva o pasado sábado, serán trasladadas hoxe tamén a todas as agrupación socialistas galegas. O proceso dará comezo formalmente co prazo de presentación de precandidaturas os días 4 e 5 de setembro. A xornada de votación de primarias será o 8 de outubro e o Congreso Nacional celebrarase na fin de semana do 27, 28 e 29 dese mesmo mes.

Mercedes Cernadas

Deixar a resposta

Pechar