Pilar Cancela: "Temos o mellor candidato para cambiar España e un partido tremendamente vivo en Galicia"

Pilar Cancela: “Temos o mellor candidato para cambiar España e un partido tremendamente vivo en Galicia”

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, asistiu hoxe ao Comité Federal do PSOE e á proclamación de Pedro Sánchez como candidato ás eleccións xerais. “Temos o mellor candidato para cambiar España. Chegou o momento de elixir, e para a cidadanía agora é si ou non. Só hai un xeito de dicirlle non a Rajoy e é dicirlle si a Pedro Sánchez”, afirmou a socialista, que destacou tamén que en Galicia “o partido está tremendamente vivo e enchufado para o cambio”, o que se demostra “na enorme participación, cercana ao 60% da militancia, nunha primeira fase de avais dunhas primarias que son un exemplo para o resto de partidos”.

Cancela quixo darlle “moitas grazas á militancia, que sempre está cando é necesario”, e “aos candidatos, tanto a Méndez Romeu como a Fernández Leiceaga, e tamén a Gonzalo Caballero pese a non ter acadado o mínimo de avais” porque “demostran o seu compromiso nun momento no que os socialistas galegos estamos chamados a protagonizar o cambio”, primeiro levando a Pedro Sánchez ao goberno e despois liderando un novo goberno en Galicia. “Pedro Sánchez demostrou que é unha persoa disposta a dicir si cando outros din non, nun partido que cre no traballo e na responsabilidade e non entende de estratexias personalistas nin curtopracismo”.

Listas para as xerais
O Comité Federal aprobou hoxe tamén as listas do PSdeG para as eleccións xerais. As provincias de Lugo e Pontevedra manteñen na súa totalidade as mesmas persoas que formaron parte das candidaturas nas eleccións do 20 de decembro. Na Coruña, Obdulia Taboadela Álvarez, que ocupaba o número 5, pediu a súa renuncia por motivos persoais e no seu lugar figurará a primeira suplente da lista, Verónica Gómez Fuentes.

Por outra banda, en Ourense María Teresa Taboada Capón, que era número 2 na lista ao Senado, manifestou a súa intención de renunciar en cumprimento do Código Ético do PSOE e será substituída pola suplente número 2, Yolanda Cid Conde. Asimesmo, a suplente número 3 ao Congreso, María Cándida Péres Gonzalves, será substituída por Eva Maldonado González, e o número 3 ao Senado, Enrique Barreiro Alonso, é substituído por Manuel Fernández Vázquez.

Saúdos

Comunicación PSdeG-PSOE

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar