Pilar Cancela rexeita o dobre discurso de Feijóo, criticando a reforma da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo ao tempo que coarta a libre decisión a través da Rede Madre

Pilar Cancela rexeita o dobre discurso de Feijóo, criticando a reforma da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo ao tempo que coarta a libre decisión a través da Rede Madre

Pilar Cancela rexeita o dobre discurso de Feijóo, criticando a reforma da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo ao tempo que coarta a libre decisión a través da Rede Madre

A secretaria de Organización do PSdeG censura que, co PP, as asociacións católicas e ultraconservadoras manexen máis de 900000 euros de fondos europeos, mentres abandona por completo o asociacionismo feminino libre e autónomo

Tras unha xuntanza coas responsables de Igualde do seu partido, Cancela confirmou o apoio á manifestación polo dereito ao aborto de mañá en Compostela

Recriminou a Feijóo que afastara a lei de Traballo en Igualdade de Touriño e acusou aos populares de pretender convencer á muller de ter que volver á casa por no ter espazo no mercado laboral

As dirixentes socialistas rexeitaron os recortes en servizos e dereitos dos gobernos conservadores, que inciden na independencia laboral da muller. 18000 galegas perderon o seu posto de traballo de 2012 a 2013 e destas 7500 na Administración pública

Cancela reclamou a Feijóo menos tópicos nos discursos e máis traballo

A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, censurou hoxe, nunha xuntanza coas responsables provinciais e nacional de Igualdade do PSdeG en Santiago, o “dobre discurso de Feijóo” respecto ao dereito a decidir da muller en materia de concepción. “O Presidente galego critica a reforma da lei de interrupción voluntaria do embarazo, pero logo, a Xunta, día a día fai todo o contrario e financia ás organizacións que pretenden coartar as liberdades das mulleres”.

Facía referencia a número dous socialista ao feito de que a Rede Madre e ás asociacións católicas ultraconservadoras concentran máis do 50% das achegas da Administración autonómica, “mentres abandona o asociacionismo feminino, libre e autónomo”. Case 900.000€ de fondos europeos están xestionados por asociacións de carácter relixioso ou ultraconservador

As socialistas fixeron un chamamento á participación na manifestación convocada para mañá ás 12 en Santiago pola liberdade de decisión. “Non se pode permitir que un Estado laico como o español pretenda tutelar ás mulleres por principios meramente morais ou relixiosos, parece que non se nos considera persoas con plenos dereitos civís que nos recoñece a Constitución Española, cando o Estado nos ten que dicir cando podemos ser nais e cando non”. O PSdeG manifesta o seu apoio a unha lei de prazos, non de supostos. “Parece mentira que teñamos que volver falar de liberdades ante lei retrógradas que non corresponden a este século”, afirmou Cancela.

A responsable de Organización do PSdeG demandou do xefe do Executivo galego “menos tópicos nos discursos institucionais e máis traballo”. Pilar Cancela dixo que a mellor maneira de comprobar o compromiso dos gobernos coa Igualdade é revisar ou comparar os Orzamentos. Así reivindicou a Lei de Traballo en Igualdade do Goberno de Touriño. “O principio transversalidade das medidas de igualdade impulsadas pola Administración deixou de se ser unha realidade” co Goberno do PP.

A reforma laboral do PP, se foi dura e destrutora dun determinado marco xurídico protector do traballador, “aínda o foi máis para a muller”, apunta Cancela. A dificultade incorporación, a promoción ou a conciliación tense agravado.

O incremento de desempregadas de 2012 a 2013 foi de 18.000 mulleres. Destas 7000 por conta propia e 11.000 por conta allea e, destas, destaca Cancela “7.500 corresponden ao sector público”. Chama a atención que con estes datos de destrución de emprego o Grupo Popular presente iniciativas no Parlamento. “Son propostas baleiras, sen respaldo orzamentario e que non aportan datos que poidan facer pensar que son serias e pretenden a incorporación ou a permanencia da muller no mercado de traballo”, acusou a secretaria de Organización dos socialistas galegos.

As responsables socialistas de Igualdade denunciaron tamén o abandono das políticas encamiñadas a facilitas a compatibilizar o traballo remunerado co non remunerado, deixándose de prestar servizos e de protexer dereitos. Para a dereita “a muller ten que volver á casa porque non ten espazo no mercado laboral”, concluíu Pilar Cancela logo dos recortes que en materia de conciliación, dependencia e servizos e dereitos sociais ten levado a cabo o PP. Salientou a importancia de que 1 de cada catro mulleres traballadoras o fai a media xornada e “ o máis grave, unha de cada catro mulleres está en risco de exclusión social”.

VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Todas as semanas se dan casos de violencia de xénero contra a muller. As responsables de Igualdade do PSdeG acusan aos gobernos do PP do desmantelamento da Lei Integral contra a violencia de xénero. Consideran preocupante o informe da Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea que revela que unha de cada tres mulleres en Europa sufriu, sufre ou sufrirá violencia de xénero ao longo da súa vida.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar