Pilar Cancela reivindica o traballo dos concellos e rexeita a postura da Xunta na Reforma Local e na xestión dos residuos

Pilar Cancela reivindica o traballo dos concellos e rexeita a postura da Xunta na Reforma Local e na xestión dos residuos

Pilar Cancela reivindica o traballo dos concellos e rexeita a postura da Xunta na Reforma Local e na xestión dos residuos

A secretaria de Organización, Pilar Cancela, mantivo esta tarde unha reunión de traballo cos socialistas da comarca do Deza

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, reivindicou hoxe o traballo dos concellos e rexeitou a “fractura co municipalismo” posta en marcha polo PP, baleirando as súas competencias na reforma da Lei local ou con medidas como o “taxazo” de Sogama.

Cancela mantivo esta tarde en Lalín unha reunión de traballo coas agrupacións socialistas da comarca do Deza. No encontro, a secretaria de Organización explicoulles o novo proxecto político do PSdeG, escoitou as demandas e preocupacións dos militantes e apuntou a importancia que terán as próximas eleccións europeas.

“Hoxe mesmo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu en Santiago a reforma express coa que quere baleirar de competencias aos concellos, que son os que cada día atenden aos cidadáns e asisten con perplexidade ao recorte que están sufrindo en aspectos fundamentais como os servizos sociais”, manifestou Cancela.
O PSdeG realizará unha campaña para as eleccións europeas en positivo “e escoitando as necesidades locais, porque a xente ten que ser consciente de que cada municipio e cada autonomía xógase moitas cousas o 25 de maio”.

Os socialistas asistiron esta semana a unha nova mostra da incapacidade da Xunta para gobernar en relación a Sogama. “Os alcaldes só pedían diálogo e só atoparon unha postura intransixente, que traslada unha xestión ineficaz dos residuos aos concellos”, engadiu Cancela.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar