PILAR CANCELA REIVINDICA “A VISIBILIDADE DAS MULLERES NO SECTOR AGROGANDEIRO GALEGO E UN MAIOR RECOÑECEMENTO AO SEU TRABALLO”

PILAR CANCELA REIVINDICA “A VISIBILIDADE DAS MULLERES NO SECTOR AGROGANDEIRO GALEGO E UN MAIOR RECOÑECEMENTO AO SEU TRABALLO”

PILAR CANCELA REIVINDICA “A VISIBILIDADE DAS MULLERES NO SECTOR AGROGANDEIRO GALEGO E UN MAIOR RECOÑECEMENTO AO SEU TRABALLO”

A cabeza de lista dos socialistas galegos ao Congreso dos Deputados pola Coruña, Pilar Cancela, reivindicou hoxe “a visibilidade das mulleres no sector agrogandeiro e un maior recoñecemento ao seu traballo”.

Cancela visitou, xunto a Verónica Gómez, tamén candidata ao Congreso e portavoz socialista en Ordes, e Rosa Arcos, presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur), unha explotación gandeira de Trazo da que é copropietaria ao 50% Begoña Liñares, unha das poucas mulleres que se acolleu á Lei de Titularidade Compartida.

“Os socialistas puxemos en marcha no ano 2011 esta Lei de Titularidade Compartida, pero o Partido Popular non a desenvolveu”, manifestou Cancela, que garantiu o traballo desde o PSOE “para avanzar na igualdade real e efectiva entre homes e mulleres no rural”.

Os socialistas denuncian “un retroceso nos dereitos que levou moitos anos conseguir, sobre todo no medio rural”. “O sector primario e a loita pola igualdade serán dous obxectivos prioritarios para os socialistas baixo a presidencia do goberno de Pedro Sánchez”, engadiu Cancela.

No decálogo de demandas desde Galicia realizado polo PSdeG para o novo goberno figura, “nun sector como o lácteo, a incorporación de garantías de cumprimento do acordo lácteo a través dun réxime sancionador, definir prezos sostibles, establecer un novo contrato tipo e crear a figura obrigatoria do mediador”, rematou a candidata ao Congreso.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar