PILAR CANCELA PASA A FORMAR PARTE DO EQUIPO DO GOBERNO DE CAMBIO QUE PEDRO SÁNCHEZ PRESENTOU EN BARCELONA

PILAR CANCELA PASA A FORMAR PARTE DO EQUIPO DO GOBERNO DE CAMBIO QUE PEDRO SÁNCHEZ PRESENTOU EN BARCELONA

PILAR CANCELA PASA A FORMAR PARTE DO EQUIPO DO GOBERNO DE CAMBIO QUE PEDRO SÁNCHEZ PRESENTOU EN BARCELONA

A socialista galega Pilar Cancela foi presentada esta mañá en Barcelona por Pedro Sánchez como unha das integrantes do novo equipo do Goberno de Cambio do candidato á presidencia do Goberno. Cancela, que ten unha amplísima experiencia no eido das relacións laborais e o emprego, aportará desde a nosa comunidade propostas sobre sectores como a pesca, a agricultura, a gandeiría ou o desenvolvemento rural, nos que Galicia é un referente para o partido e para o proxecto socialista en toda España.

Pilar Cancela realizou unha intervención de dous minutos no acto de presentación do equipo esta mañá, como o resto dos integrantes do mesmo. A socialista destacou a necesidade urxente de impulsar un sectores produtivos que teñen perdido peso no PIB e no emprego en favor doutros sectores, de potenciar un “relevo xeracional” e a incorporación da xente moza “porque sexa un sector que lles resulte atractivo, e non por resignación ou como última saída”, e alertou sobre a urxencia de combater como prioridade “o despoboamento e a crise demográfica” que afectan ao desenvolvemento do rural e do sector pesqueiro.

A socialista chamou a “converter estes sectores nunha oportunidade” a través dunha política de futuro coas ferramentas da “codecisión e o diálogo social” cun diálogo permanente e permeable con estes sectores. A aposta polo I+D+i e o desenvolvemento sostible, e pola fórmula cooperativa para “aproveitar os recursos, asentar a poboación e crear emprego de calidade e estable”, foron outros dos eixos do seu discurso.

Cancela destacou tamén como “clave” o papel da muller no rural e na pesca, onde se deben levar a cabo políticas que acaben coa desigualdade no seu papel, e chamou a revisar o equilibrio dos dereitos dos traballadores do mar cos demais traballadores, a facer fincapé na prevención de riscos laborais, a revisar o modelo de afiliación da PAC ou apostar pola agricultura ecolóxica e a acuicultura nuns sectores “que deben xerar riqueza e emprego, porque son un referente non só económico, senón tamén social e cultural en todo o noso territorio”, afirmou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar