PILAR CANCELA GARANTE O COMPROMISO SOCIALISTA NA LOITA A PROL “DUNHA IGUALDADE REAL” E EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

PILAR CANCELA GARANTE O COMPROMISO SOCIALISTA NA LOITA A PROL “DUNHA IGUALDADE REAL” E EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

PILAR CANCELA GARANTE O COMPROMISO SOCIALISTA NA LOITA A PROL “DUNHA IGUALDADE REAL” E EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Pilar Cancela, número 1 da candidatura do PSdeG ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña, garantiu hoxe en Culleredo o compromiso dos socialistas na loita a prol “dunha igualdade real” entre homes e mulleres e en contra da violencia de xénero.

Cancela e Xoaquín Fernández Leiceaga, candidato dos socialistas galegos nas autonómicas de outono, repartiron información electoral no feirón de Culleredo, no mesmo día que o PSOE presenta en toda España medidas en materia de igualdade. “Forma parte do noso partido, así como a loita contra a violencia de xénero”, manifestou a candidata ao Congreso.

“Cando hai medidas cautelares ou doutro tipo, está comprobado que caen os casos de de violencia de xénero, hoxe en día queda moito por facer para evitar as mortes por violencia machista”, engadiu Cancela, que demanda “máis orzamentos e un pacto de Estado contra a violencia de xénero”.

Pola súa parte, Fernández Leiceaga lembrou de novo a importancia de “mobilizar aos votantes”, convencendo á cidadanía para que vaian ás urnas o próximo día 26 “e escollan a mellor proposta, que consideramos que é a do Partido Socialista”.

“Queremos unha campaña baseada na razón, nas propostas e no convencemento de que é posible o cambio con estabilidade, temos un proxecto serio e solvente”, engadiu o candidato á presidencia da Xunta.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar