Pilar Cancela: "Fronte ao inmobilismo duns e o rupturismo doutros, presentamos un programa para dialogar e construír"

Pilar Cancela: "Fronte ao inmobilismo duns e o rupturismo doutros, presentamos un programa para dialogar e construír"

Pilar Cancela: "Fronte ao inmobilismo duns e o rupturismo doutros, presentamos un programa para dialogar e construír"

A secretaria de Organización dos socialistas galegos e cabeza de lista pola provincia da Coruña, Pilar Cancela, presentou esta mañá as principais liñas do programa electoral dos socialistas para as eleccións xerais. Un programa que “fronte ao inmobilismo duns e o rupturismo doutros”, pretende “dialogar e construír” un país “que sabe que ten que asumir novos retos”.

Cancela resaltou a capacidade de “poder dialogar con outras forzas políticas e formar un consenso maioritario”, destacou a “igualdade de oportunidades” como eixo das propostas e comprometeu “ofrecerlle á cidadanía un contrato “para cumprir”, e non “como o que fixo Feijóo con Galicia, no que se comprometía a acabar co paro en 45 días” e sete anos despois “pasa todo o contrario”, con case 100.000 parados máis que cando chegou.

A socialista puxo como metas “a loita contra a desigualdade, a mellora da convivencia entre xeracións e territorios, devolver aos cidadáns a confianza nas súas institucións e ofrecer oportunidades”, e sinalou que non só se trata de combater a desigualdade económica e social, senón tamén “a desigualdade do poder e da negociación”. Nesta liña, destacou a reforma da Constitución, facer das becas un dereito de cidadanía, duplicar o investimento en I+D ou garantir un ingreso mínimo vital.

“Somos o partido que está abrindo o debate político, poñendo temas sobre a mesa e dando un paso adiante”, afirmou Pilar Cancela. “Temos un programa, temos candidaturas, temos un líder, Pedro Sánchez, e saímos a gañar”, dixo, “para realizar as grandes reformas que España e Galicia necesitan”. Fronte a isto, lembrou, “o PP está a cuestionar o liderado de Rajoy dentro das súas propias bases, a dous meses dunhas eleccións, por moito que Feijóo diga que Rajoy é o mellor presidente da historia de España; un esforzo que lle agradecerán no seu partido pero que desde logo a cidadanía non asume como algo serio e crible”.

Con respecto aos datos da EPA, Pilar Cancela chamou a “facer unha análise polo miúdo” do que se agocha tras as cifras. “Neste momento temos unha porcentaxe de temporalidade e precariedade laboral que supera o 85%; ese é o mercado laboral que queremos?”, reflexionou. “Podemos alardear de determinados datos que serán positivos porque algunhas familias atoparon un traballo, pero o triste é que hoxe ter un traballo e un salario nin sequera garante que vivas con dignidade. Reivindicamos un mercado laboral xusto, ver como se compón, que oportunidades da e en que condicións se desenvolve”, dixo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar