Pilar Cancela destaca a “normalidade e a participación democrática dos galegos nestas eleccións”, cunha abstención similar á do ano 2009

“Nunca nos podemos dar por satisfeitos coas porcentaxes de abstención”, afirma a secretaria de Organización do PSdeG

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, destacou “a normalidade e a participación democrática dos galegos nestas eleccións europeas”, cunha porcentaxe de abstención similar á do ano 2009 ata as seis da tarde (últimos datos coñecidos).

A porcentaxe de participación ás 18:00 horas en Galicia era do 33,79%, frente ao 35,31% de 2009. “Nunca nos podemos dar por satisfeitos coa abstención, as eleccións europeas non chegan tanto ao cidadán como pasa nunhas autonómicas ou nuns comicios estatais”, afirma a secretaria de Organización do PSdeG.

Tras coñecer os resultados electorais, o PSdeG fará esta noite unha valoración dos mesmos na súa sede de Santiago.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar