Pilar Cancela asegura que “se abre unha nova transición, unha nova etapa política na que o PSOE soubo estar á altura das circunstancias mentres que o PP quedou descolgado”

Pilar Cancela asegura que “se abre unha nova transición, unha nova etapa política na que o PSOE soubo estar á altura das circunstancias mentres que o PP quedou descolgado”

Pilar Cancela asegura que “se abre unha nova transición, unha nova etapa política na que o PSOE soubo estar á altura das circunstancias mentres que o PP quedou descolgado”

pilar_cancelaA secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, asegurou hoxe en Santiago que “se abre unha nova transición, unha nova etapa política en Galicia e en España na que o Partido Socialista soubo estar á altura das circunstancias mentres que o PP quedou descolgado”.

Cancela defendeu nunha rolda de prensa para facer un balance do novo escenario municipal “o pacto e o diálogo como base da democracia, fronte o inmobilismo e a imposición do Partido Popular, que se quedeu só afogado nas súas maiorías absolutas”.

“Pasamos de 58 a 94 alcaldías, un aumento de 36, e por provincias na Coruña pasamos de 19 a 31, de 18 a 28 en Lugo, de 8 a 18 en Pontevedra e de 13 a 17 en Ourense; no total da comunidade autónoma, pasamos de 34 a 46 maiorías absolutas”, manifestou a secretaria de Organización do PSdeG.

“Estes datos sitúannos nun escenario de gobernos que se achega ao máximo histórico de alcaldías que tivemos cando había un goberno socialista na Xunta de Galicia, consolidando ademais un crecemento en porcentaxe de apoio iniciado lentamente pero sen pausa tanto nas europeas como nas municipais”, afirmou.

En opinión de Cancela, “sabemos que alí onde gobernamos e traballamos unidos, convencemos; agora tócanos construír unha alternativa que verdadeiramente convenza e ilusione naquelas cidades nas que permanecemos na oposición e camiñar con estas bases cara o cambio en Galicia, que hoxe é máis posible ca nunca”.

“O PSdeG volve renovado para liderar este novo proceso, actuando e velando para que este cambio non deixe de seguir avanzando na igualdade de oportunidades, dereitos e servizos sociais; unha etapa na que o diálogo, que sempre foi a nosa base, será o eixo fundamental”, apuntou.

“Mentres, o PP e Feijóo seguen sen entender nada, instalados na pataleta e no discurso do medo, sen darse conta de que foi ese discurso precisamente o que os levou nestas eleccións a unha debacle”, engadiu.

Pilar Cancela asegurou que o” PSdeG é a única forza de Galicia que pode dicir que facilitou gobernos de progreso en todos os concellos nos que tivo a posibilidade de facelo, tanto nos que entramos a gobernar como dando o noso apoio sen condicións para que outras forzas de progreso poidan gobernar en minoría, sempre poñendo por diante a necesidade dun cambio para a cidadanía por riba de nomes e de intereses de partido”.

“A cidadanía elixiu dialogar fronte a crispar, sumar fronte a dividir, agora queren trasladar a mensaxe do medo, pero os resultados do 24 de maio son un estímulo para o PSdeG, para manter e ampliar a confianza da xente”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar