Pilar Cancela asegura que “o PSdeG ten unha folla de ruta e estará preparado” para liderar o cambio, fronte a un Feijóo “aburrido de Galicia”

Pilar CancelaA presidenta da Comisión Xestora, Pilar Cancela, asegurou esta tarde en Santiago que “o PSdeG ten unha folla de ruta e estará preparado” para liderar o cambio político, fronte a un Feijóo “aburrido de Galicia”.

Cancela ofreceu unha rolda de prensa tras a primeira reunión da xestora do PSdeG, na que quedou constituída formalmente. “Falamos da situación do partido e decidimos seguir coa elaboración do programa electoral de cara ás eleccións autonómicas”, manifestou.

Os grupos de traballo encargados da elaboración do programa terán esta mesma semana novas reunións con organizacións sociais e sindicais. “A folla de ruta continúa e temos meses de moito traballo por diante”, apuntou Cancela, que engadiu que “nas próximas semana estará fixado un calendario de primarias” para elixir a candidatura á presidencia da Xunta.

“O PSdeG ten unha dirección orgánica e política, estamos nun ano decisivo para o futuro do país, cunha oportunidade histórica para mudar a cor política na Xunta”, explicou Cancela, que rematou afirmando “a necesidade de que a presidencia do goberno galego teña unha axenda social”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar