Pilar Cancela asegura que o control da débeda é mellor nos concellos que xestionan e defenden “a autonomía local”

Pilar Cancela asegura que o control da débeda é mellor nos concellos que xestionan e defenden “a autonomía local”

Pilar Cancela asegura que o control da débeda é mellor nos concellos que xestionan e defenden “a autonomía local”

A secretaria de Organización, Pilar Cancela, mantivo esta tarde unha reunión de traballo cos socialistas da comarca de Ulla-Umia

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, asegurou hoxe que os concellos xestionados polos socialistas “teñen un maior control da débeda” e defendeu “a autonomía local” para manter os servizos que ofrecen aos cidadáns.

Cancela mantivo esta tarde unha reunión de traballo na Estrada coas agrupacións socialistas da comarca de Ulla-Umia. A secretaria de Organización mostrou ademais o seu apoio aos alcaldes que solicitaron onte que a suba do canon do lixo “sexa asumida tamén pola Xunta e a propia Sogama”, rexeitando a decisión de que sexan só os concellos os que fagan fronte “ao taxazo”.

Os concellos galegos están á espera da nova Lei de reforma local da Xunta, onde será importante que os municipios conserven a capacidade de xestionar os servizos sociais. “Os socialistas loitaremos polas administracións locais, que necesitan unha lexislación que garanta o seu funcionamento”, sostivo.

“As próximas semanas serán importantes, xa que nas eleccións europeas están moitas cousas en xogo; os socialistas galegos estaremos moi ben representados por José Blanco e escoitaremos a voz dos nosos representantes municipais, que son os que cada día están coa xente”, afirmou Cancela.

A secretaria de Organización celebra dende hai semanas reunións coas agrupacións locais de toda Galicia para explicarlles o novo proxecto socialista, liderado por José Ramón Gómez Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar