Pilar Cancela anuncia emendas aos Orzamentos para paliar o "agravio histórico" a Galicia

Pilar Cancela anuncia emendas aos Orzamentos para paliar o "agravio histórico" a Galicia

Pilar Cancela anuncia emendas aos Orzamentos para paliar o “agravio histórico” a Galicia

A coordinadora dos socialistas galegos nas Cortes, Pilar Cancela, anunciou esta mañá que o grupo socialista presentará emendas aos Orzamentos Xerais para intentar “paliar o agravio histórico” a Galicia que representan as contas para 2017. Cancela explicou que a contía desas emendas partirá da base dos 600 millóns de euros anuais de media que os gobernos do PP deixaron de orzamentar para Galicia con respecto aos gobernos de Zapatero, ao que se suman os máis de 400 millóns de euros de baixada adicional deste ano.

 

A deputada socialista afirmou que tras coñecer os orzamentos, se confirma que “Soraya Sáez de Santamaría foi a Galicia a poñer a venda antes da ferida”, e lamentou que Feijóo, que “di que é militante de Galicia”, hoxe sexa “máis militante do PP que nunca”, cando “tería que reivindicar para Galicia o investimento que merece”.

 

Cancela lembrou que “os Orzamentos reflicten a vontade política dun goberno”, e apuntou que no caso do AVE “non sé estamos a falar dunha redución das partidas, senón de que nos últimos anos quedou un 30% ou 40% sen executar cada ano, polo que á baixada temos que sumarlle a falla de investimento efectivo do que estaba orzamentado para Galicia”, criticou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar