Pilar Cancela: "A Constitución ten que recoñecer un ingreso mínimo vital para as persoas sen ningún ingreso ou prestación"

Pilar Cancela: "A Constitución ten que recoñecer un ingreso mínimo vital para as persoas sen ningún ingreso ou prestación"

Pilar Cancela: “A Constitución ten que recoñecer un ingreso mínimo vital para as persoas sen ningún ingreso ou prestación”

“Temos que reivindicar os dereitos dos colectivos máis desfavorecidos, os socialistas impulsaremos unha Lei de inclusión social para as persoas con discapacidade”

“Co PP, España deu moitos pasos atrás en dereitos e liberdades que tiñamos por consolidados, como a interrupción do embarazo ou as manifestacións de traballadores”

A número 1 da candidatura dos socialistas galegos ao Congreso pola provincia da Coruña, Pilar Cancela, asegurou esta tarde en Santiago que “a Constitución ten que recoñecer un ingreso mínimo vital para as persoas sen ningún ingreso ou prestación”.

Cancela participou na presentación do programa socialista de `Movimentos sociais, Dereitos e Liberdades’ de cara ás eleccións do domingo. Tamén interviron José Ángel Santoro, secretario xeral de Raimbow Rose, organización LGTB membro do Partido Socialista Europeo; Gonzalo Diz, candidato ao Congreso, e Eva Martínez, secretaria de Igualdade do PSdeG.

“Temos que reivindicar os dereitos dos colectivos máis desfavorecidos e os socialistas impulsaremos unha Lei de inclusión social para as persoas con discapacidade”, manifestou a candidata ao Congreso, que lamentou que “co Partido Popular, España deu moitos pasos atrás en dereitos e liberdades que tiñamos por consolidados, como a interrupción do embarazo ou as manifestacións de traballadores”.

“Temos que recuperar un modelo de sociedade socialdemócrata, a Europa social que tanto defendimos os socialistas; os catro anos do PP trouxeron por exemplo a limitación na prestación de servizos sociais por parte dos concellos por culpa da Lei de Réxime Local”, engadiu Cancela.

José Ángel Santoro denunciou que “os recortes da dereita en toda Europa durante os últimos anos afectaron aos dereitos e liberdades da cidadanía, agora en España temos unha gran oportunidade porque as medidas para igualdade do programa de Pedro Sánchez son moi ambiciosas”.

Eva Martínez destacou a importancia de “loitar pola igualdade entre homes e mulleres, o que para o Partido Socialista sempre foi unha prioridade”. “Levamos catro mulleres como cabeza de lista ao Congreso dos Deputados nas catro provincias galegas e desde o PSOE recuperaremos as medidas incluídas na Lei integral de loita contra a violencia de xénero, esquecida polo PP”.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar