“Pídolle aos 82 candidatos dos concellos costeiros o seu compromiso cos plans de saneamento integral das rías”

“Pídolle aos 82 candidatos dos concellos costeiros o seu compromiso cos plans de saneamento integral das rías”

“Pídolle aos 82 candidatos dos concellos costeiros o seu compromiso cos plans de saneamento integral das rías”

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, pediulle aos 82 candidatos dos concellos costeiros de Galicia, que se comprometan cos Plans de Saneamento Integral das Rías Galega. Así o afirmou en Ribeira, onde esta mañá, acompañado polo candidato á alcaldía, Andrés Fariña, visitaron a Confradía de Aguiño.

Vázquez reivindicou que “un pais como Galicia; con 1.700 kilómetros de costa; un pais no que viven do sector extractivo 30.000 familias; un pais no que o mar é unha sinal de identidade, non se pode abandonar o Plan Integral de Saneamento das Rías”.

Neste senso denunciou que “o Goberno galego leva dous anos sen gastar un só euro nos plans e nos sistemas de depuración”. “É clave chegar ao 2015 cumprindo a Directiva Europea para a calidade de cría de molusco nas nosas rías”, reiterou Vázquez.

Por elo, pediulle a tódolos candidatos socialistas “o seu compromiso claro e concreto para solucionar o problema que temos coa calidade de augas”. Vázquez apuntou que “fago este petición dende Ribeira, xa que é o único núcleo costeiro que segue sen ter un sistema de depuración”.

Depuradora de Ribeira
Pachí Vázquez lembrou que cando dirixiu a consellería de Medio Ambiente deixou 72,6 millóns de euros para levar a cabo o sistema de saneamento e depuración de Ribeira, “dous anos despois segue sen facerse”, denunciou.

Por isto, Vázquez preguntoulle ao candidato do PP de Ribeira, “onde meteu a Xunta os 72,6 millóns de euros; onde meteu os proxectos para sacalo adiante”, Ademais, o líder dos socialistas galegos comprometeuse a buscar acordos, “acordos coas parroquias, cos polígonos para sacar adiante un elemento fundamental para o Plan xeral de Ordenación Urbana”.

Cofinanciación dos sistemas da abastecemento e saneamento dos concellos

Pachi Vázquez emprazou ao Goberno galego a que se comprometa a cofinanciar cos concellos os sistemas de saneamento, fundamentalmente en toda a costa galega. “Emprazo a Feijoo a que se comprometa de verdade cos concellos, que en vez de poñerlle deberes lles dea solucións, solucións en materia de saneamento e abastecemento, que son vitais”, aseverou..

O líder dos socialistas galegos denunciou que “o goberno que dirixe Feijoo non quere falar de política local, segue falando de todo o que non ten que ver con ela”. Deste xeito, afirmou que “os concellos teñen extremas dificultades para sacar adiante políticas de saneamento e abastecemento, e estes son servizos básicos paro os cidadáns, e por iso, hai que axudarlles”.

Vázquez esixiulle a Feijoo que “non convertan os concellos, a través do novo canon de saneamento (que vai subir o prezo da auga un 140%) en axentes recadadores para un goberno Galego que non cumpre cos compromisos de calidade de auga”.

Neste senso Pachi Vázquez apuntou que “emprazo á Xunta de Galicia a asinar acordos, a asinar compromisos, que se doten economicamente para que podamos ter no pais da auga; no pais dos mil ríos; no pais das rías augas de calidade”.

O líder dos socialistas lembrou que “das 25 depuradores deixamos adxudicadas 23, e en dous anos non adxudicaron ningunha”. “Menos subir os impostos da auga e mais cumprir coa calidade das augas, investindo en infraestruturas hidráulicas”, aseverou.

Deste xeito lembrou que “as sancións europeas están aí, fai menos dun mes chegou un apercibimento de que se incumprían os sistemas de protección integral das augas galegas e o goberno de Feijoo segue pechando os ollos”.

Por isto, Vázquez concluíu dicindo que “entre todos, concello a concello debemos adquirir un compromiso para conseguir que as nosas rías sigan sendo un modelo de xestión de riqueza e de respecto medioambiental”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar