Piden á Xunta que clarifique si o catálogo de medicamentos galego vai ser aplicado en toda España

Piden á Xunta que clarifique si o catálogo de medicamentos galego vai ser aplicado en toda España

Piden á Xunta que clarifique si o catálogo de medicamentos galego vai ser aplicado en toda España

Modesto Pose sinala que o Goberno galego debe clarificar si o recurso de inconstitucionalidade será retirado por Rajoy

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, reclamou á Xunta que clarifique si o seu catálogo de medicamentos vai ser aplicado en todo o territorio nacional. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Sanidade sobre unha posible retirada do recurso de inconstitucionalidade contra esta medida por parte do goberno de Rajoy.

O responsable socialista reclamou ao Goberno galego que explique “si vamos a funcionar en toda España co catálogo, obrigando á retirada masiva do sistema de receita por principio activo en tódalas comunidades autónomas”. Así o dixo logo da campaña de promoción da Xunta en defensa do devandito catálogo de medicamentos.

Pose criticou que a Xunta “intenta despistar” ao anunciar un suposto aforro polo sistema galega mesmo obviando a súa coincidencia co aforro producido en todo o Estado pola aplicación do sistema de principio activo.

Mesmo lembrou a campaña “demagóxica” para acusar aos socialistas de defender aos laboratorios farmacéuticos por defender o sistema de principio activo fronte ao modelo discriminatorio da Xunta, que limita os medicamentos aos que teñen acceso os galegos e galegas fronte ao resto do Estado.

Recurso

O responsable socialista lembrou a xuntanza da conselleira de Sanidade coa nova ministra de Sanidade do Estado, Ana Mato, na que, malia que a anterior conselleira galega, Pilar Farjas, forma parte xa do equipo do Ministerio, o Goberno “non garantía a inmediata retirada do recurso xudicial interposto contra o catálogo galego e moito menos a xeneralización inmediata do mesmo á totalidade do Estado.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar