Piden a reactivación do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos a través da súa renovación

Piden a reactivación do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos a través da súa renovación

Piden a reactivación do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos a través da súa renovación

A deputada Patricia Vilán recolle as denuncias de diferentes colectivos que están a elaborar un manifesto contra a paralización do consello

A última renovación parcial foi no 2009 e a representatividade non se corresponde coa diversidade no ámbito das protectoras

A parlamentaria socialista, Patricia Vilán, ven de presentar unha iniciativa para interesarase polo Consello Galego de Protección dos Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade, un órgano consultivo creado coa fin de elaborar e desenvolver iniciativas e propostas a prol da defensa e protección da fauna, tanto doméstica como silvestre.

A deputada recolle as denuncias da Asociación Animalista Libera, sobre a falta de actividade neste organismo. Diferentes colectivos de animalistas están a traballar na elaboración dun manifesto e diversas iniciativas contra a paralización do consello.

Patricia Vilán presentou unha pregunta sobre o sistema de renovación do propio Consello Galego de Protección dos Animais Domésticos e Salvaxes, xa que este só se renovou parcialmente en 2009 e non reflicte a diversidade actual no campo das entidades protectoras de animais, que teñen dereito a ocupar dous asentos neste consello.

Para os socialistas “é preciso unha renovación deste espazo para ser todo o democrático posible coa variedade de colectivos creados nos últimos anos”, indica Vilán na súa iniciativa, mediante a que traslada a pregunta das entidades animalistas sobre a intención da Xunta de desenvolver as medidas axeitadas para que o Consello Galego de Protección dos Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade. A deputada interésase polo sistema de elección, para así garantir a máis ampla representatividade de todos os colectivos animalistas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar