Piden a creación dunha comisión parlamentaria para a prevención e erradicación da corrupción política

Piden a creación dunha comisión parlamentaria para a prevención e erradicación da corrupción política

Piden a creación dunha comisión parlamentaria para a prevención e erradicación da corrupción política

Beatriz Sestayo, portavoz de Xustiza, considera necesario a implicación de toda a sociedade e das institucións para eliminar toda posibilidade de abuso ou de desvío de poder nun Estado de Dereito

Os socialistas manifestan a súa preocupación pola desafección cidadá da política, que ten a súa base, entre outras cuestións, en episodios de corrupción que crean alarma social e xeran desconfianza nas institucións

Apoian ao Fiscal Superior de Galicia na súa intención de traballar nun protocolo contra a corrupción

A portavoz de Xustiza do Grupo Parlamentario Socialista, Beatriz Sestayo, ven de rexistrar unha iniciativa pola que se insta á creación dunha comisión non permanente de estudio para a elaboración dun Plan de medidas de prevención e erradicación da corrupción política.

A parlamentaria do PSdeG recorda que o Grupo Socialista manifestou o seu apoio ao Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, na súa intención de traballar nun protocolo contra a corrupción na política.

Os socialistas consideran ademais que este documento pode ser unha boa base de traballo na que é fundamental a implicación de todos os sectores da sociedade e das institucións co fin de eliminar toda posibilidade de abuso ou desviación de poder, ou calquera outra práctica ilícita ou inadecuada nun Estado de dereito, por iso, “queremos que sexa unha comisión aberta e coa máxima participación”, recalca a portavoz socialista.

“A corrupción é un terrible lastre para o debido e axeitado funcionamento das institucións democráticas, toda vez que dana a súa credibilidade e a esencia da política en xeral” afirma Sestayo, para quen a política debe ser “exemplar na súa transparencia, funcionamento ético e comunicación ca cidadanía e debe contar con mecanismos de control que eviten a perversión no seu funcionamento”.

Os socialistas están profundamente “preocupados pola desafección cidadán cara á política” que ten a súa base, entre outras cuestións, en “episodios de corrupción que crean alarma social e xeran desconfianza nas institucións que deben estar e están ao servizo das persoas, da sociedade no seu conxunto e da democracia”, conclúe Sestayo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar