Pide á Xunta un esforzo para que as rías alcancen un nivel de calidade de acordo cos estándares europeos

Pide á Xunta un esforzo para que as rías alcancen un nivel de calidade de acordo cos estándares europeos

Pide á Xunta un esforzo para que as rías alcancen un nivel de calidade de acordo cos estándares europeos

Durante o debate celebrado esta mañá no Parlamento Europeo tras a visita da comisión de Peticións ás rías galegas, o eurodeputado socialista, Antolín Sánchez Presedo, sinalou que a situación o a Ría de Vigo está en proceso de solución, fronte a Ferrol e O Burgo, que requiren un esforzo por parte das autoridades.

O eurodeputado socialista galego, Antolín Sánchez Presedo, reiterou o seu "balance positivo" da visita. Na súa opinión, a delegación de traballo permitiulles establecer un estreito contacto cos peticionarios e a verificación in situ dos lugares obxecto das denuncias presentadas ante a comisión de Peticións.

Igualmente, Sánchez Presedo mostrouse satisfeito da cooperación coas autoridades presentes na visita, sen ben lamentou que "non" puidesen estar presentes durante a visita algunhas autoridades locais porque non se lles invitase, tal e como suxeriramos", sinalou.

Na súa intervención no seo da comisión de Peticións, recordou que foi o encargado de presentar o primeiro estudo técnico para o saneamento das rías, na súa etapa como conselleiro de Territorio e Obras Publicas, "diso xa hai 26 anos e tiña curiosidade por ver de primeira man o que fixo dende entón". A este respecto, sinalou que a delegación puido constatar que existe un atraso no cumpro dos obxectivos das directiva europea que esixe a calidade das augas para o ano 2000 e, no caso de Galicia, estes non se cumpren.

"Conseguilo non é doado, xa que supón unha importante carga económica", engadiu, referíndose ao caso de Vigo onde se está a executar unha depuradora, con tecnoloxía moi superior á xa existente e cun presuposto de 230 millóns de euros, "Galicia vai contar cunhas redes de seguridade e fondos que lle vai permitir culminar con éxito o proxecto", sinalou.

Respecto a Ferrol, Sánchez Presedo reclamou ás autoridades galegas que lle dean un trato prioritario, sinalando que "a misión comprobou que aquí os traballos están máis atrasados. É unha ría que rexistra unha entrada menor de augas pola súa propia configuración xeográfica, polo que ten máis dificultades para a rexeneración natural das augas,".

"Na Coruña, os temas de saneamento están avanzados pero os problemas persiste pola contaminación derivada da acumulación de lamas" explicou Sánchez Presedo.

Por último, Sánchez Presedo descartou calquera alerta ou perigo alimentario. "Dende o punto de vista da saúde publica existe un control permanente e exhaustivo da calidade das augas" aclarou, reclamando, non obstante, "un esforzo adicional por parte das autoridades da Xunta para alcanzar un nivel de calidade de acordo cos requisitos da normativa europea".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar