Petición no Congreso para que o Goberno habilite axudas directas aos gandeiros productores de leite

Petición no Congreso para que o Goberno habilite axudas directas aos gandeiros productores de leite

Petición no Congreso para que o Goberno habilite axudas directas aos gandeiros productores de leite

O PSOE presentou esta mañá en rolda de prensa no Congreso dos Deputados unha Proposición non de Lei na que insta ao Goberno a aprobar en Consello de Ministros con carácter de urxencia un Plan de Medidas para paliar a crise do sector lácteo"

Entre outras medidas, o PSOE pide ao Goberno a posta a disposición do sector dun paquete de axudas directas á renda calculada en función da produción real, así como dunha liña de financiamento con créditos ICO subvencionados dirixidos fundamentalmente a ao refinanciamento da débeda".

Así mesmo, solicitan unha actuación contundente das Autoridades de Competencia para evitar prácticas abusivas e que o Goberno garanta que o leite non é utilizada como produto reclamo pola gran distribución; que se asegure a firma dos contratos en papel e se estableza a figura do mediador; e que o Goberno despregue ante as Institucións Europeas unha estratexia de Estado que asegure o incremento da cota láctea e un tratamento específico para o sector lácteo na nova PAC para segurar a viabilidade do sector.

A deputada socialista galega Laura Seara, coautora da Proposición non de Lei, sinala que "o sector lácteo atravesa unha situación crítica que non ten precedentes e o Goberno non pode mirar para outro lado".

Sobre este punto, Seara sostén que "o Goberno non pode continuar dicindo que este é un tema europeo e un problema da distribución e a industria". "O Goberno está obrigado a adquirir compromisos e habilitar solucións para asegurar a superviviencia do sector lácteo con medidas que sirvan para corrixir que os gandeiros reciban polo leite un prezo máis baixo do que lles poida a súa produción pero tamén debe aprobar para o sector axudas económicas directas, axudas crediticias e mesmo axudas fiscais" -remarcou.

Respecto a Galicia, incide en que "o sector lácteo é un sector estratéxico para o desenvolvemento da economía de Galicia e por iso a situación dos gandeiros, pero especialmente dos gandeiros galegos, é drástica e require de solucións eficaces e urxentes".

A deputada socialista galega critica ademais "a utilización electoralista que o PP e o PPdeG fan da angustia dos gandeiros". "O PP e o PPdeG deben actuar con rigor; non poden xogar a acusar ao PSOE de non se ocupar do lácteo e poñer meros parches electoralistas anunciando a bombo e prato como solución máxica que acordaron coa distribución subir uns céntimos por litro en Euskadi e en Galicia que, casualmente, son as CCAA onde se celebrarán proximamente eleccións".

"O compromiso que debe adquirir o Goberno do PP vai máis alá de intervir de medio lado". "O PP foi, noutras crises menos virulentas, moi belixerante pero agora no Goberno trata de escorrer o vulto". "O Goberno debe habilitar unha solución eficaz e durarera e esta pasa por asumir un compromiso económico directo co sector e por realizar na UE unha defensa do noso sector lácteo que asegure a continuidade deste" -afirmou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar