Perplexidade pola execución da sentenza do Prestige

Perplexidade pola execución da sentenza do Prestige

Perplexidade pola execución da sentenza do Prestige

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, transmitiu hoxe a “perplexidade” dos socialistas galegos diante da execución da sentenza do Prestige pola Audiencia Provincial de A Coruña. Sinala así a escasa repercusión en Galicia da sentenza, moi inferior á solicitada polo fiscal, e apunta que os 15 anos pasados dende a catástrofe desvirtúan a actuación da xustiza.

Fernández Leiceaga apunta que a sentenza determina unha indemnización que supera os 1.600 millóns de euros, dos que apenas 1,8 corresponden a Galicia en concepto de tratamento de fuel por parte de Sogarisa. Isto débese a que o goberno galego renunciara en 2005 a toda indemnización posterior cando, apunta, “a Xunta ten competencia sobre a costa –danada polo vertido-, ademais do dano moral sufrido polos cidadáns de Galicia”.

Sinala neste sentido que a administración autonómica “debera recibir” as indemnizacións por aquel dano moral, máxime cando a propia sentenza recoñece un dano moral “obvio, extenso e profundo”.

Advirte ademais da “discrepancia” entre as contías solicitadas polo fiscal en base a “un estudo científico bastante sólido” que ascendían aos 4.500 millóns de euros, e a contía fixada finalmente pola Audiencia Provincial, que “sorprende en sentido negativo porque críamos que a petición da Fiscalía estaba ben fundamentada”.

Por último, apunta que o lapso de tempo de 15 anos entre a catástrofe e a sentenza da Audiencia Provincial resulta “excesivamente longo e demorado”, facendo que “unha Xustiza tan tardía perda parte da súa virtualidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar