Pereiro de Aguiar leva 10 anos agardando polo Centro de Saúde que bloquea Feijóo

Pereiro de Aguiar leva 10 anos agardando polo Centro de Saúde que bloquea Feijóo

Pereiro de Aguiar leva 10 anos agardando polo Centro de Saúde que bloquea Feijóo

A deputada socialista Noela Blanco presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reivindicar a construción dun novo Centro de Saúde en Pereiro de Aguiar, solicitado polo concello dende hai 10 anos e comprometido polo presidente da Xunta dende o 17 de maio de 2016. Advirte que malia os seus anuncios e a pesares de que o Concello ten cedido o terreo para o novo edificio, as obras continúan sen comezar.

Blanco acusou ao presidente da Xunta de “mudar os seus compromisos por enganos” na provincia, e sinala que “os anuncios do PP para a construción do centro de saúde fixéronse sempre meses antes das eleccións autonómicas e municipais, sen que teñan posto nin unha soa pedra ata o momento”.

Explica que o presidente da Xunta anunciara a licitación xa en maio de 2016, e hai un convenio asinado entre o Sergas e o Concello dende o 1 de xullo daquel ano. O goberno galego dispón xa dun terreo cedido polo Pereiro de Aguiar, pero o proxecto continúa bloqueado a pesares de figurar nas memorias de orzamentos de 2016 e tamén de 2017.

Por iso reclámalle na Cámara autonómica “fixar, de forma inmediata, un calendario para o inicio, execución e remate das obras do novo centro de saúde de Pereiro de Aguiar, así como asignar as partidas orzamentarias correspondentes para que poidan ser levadas a cabo durante esta lexislatura”.

Blanco explica a urxencia do novo inmoble para un Concello en continuo crecemento que conta cun centro de saúde integrado no edificio da Casa Consistorial, o que impide a implantación de novas especialidades médicas necesarias, como pediatría, odontoloxía ou fisioterapia, ademais de amosar “graves eivas de accesibilidade”, nun edificio no que noni hai ascensor.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar