Pelotazo urbanístico na Fábrica de Armas da Coruña

Pelotazo urbanístico na Fábrica de Armas da Coruña

Pelotazo urbanístico na Fábrica de Armas da Coruña

Méndez Romeu mantén un encontro co Comité de Empresa e o Grupo IFFE para denunciar a concesión irregular da adxudicación a Hércules de Armamento.

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo que a adxudicación da Fábrica de Armas a Hércules de Armamento constitúe un exemplo de “capitalismo de amiguetes” para preparar un “pelotazo” urbanístico cos 300.000 metros cadrados que ocupa a factoría coruñesa.

O responsable socialista mantivo hoxe un encontro cos responsables do Instituto de Formación Financiera y Empresarial –IFFE-, que tamén concorría ao concurso, e do Comité de Empresa, que denunciaron un concurso preparado ad hoc para concedérllelo a unha empresa insolvente que incumpre as condicións mínimas.

Denunciaron que a intención é provocar que no prazo dun ano a empresa teña que dar por fracasada a súa xestión para permitir a posta no mercado da parcela que ocupa a factoría.

Méndez Romeu criticou este “escándalo” que evidencia que o goberno central prima a especulación urbanística fronte ao impulso da industria galega, logo de que Galicia rexistrara a maior caída do estado no índice de produción industrial, dun 8 por cento no último ano.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar