Pedro Sánchez levará ao Congreso dos Deputados a demanda dos socialistas e veciños de Lugo para contar cun servizo de hemodinámica 24 horas no HULA

Pedro Sánchez levará ao Congreso dos Deputados a demanda dos socialistas e veciños de Lugo para contar cun servizo de hemodinámica 24 horas no HULA

Pedro Sánchez levará ao Congreso dos Deputados a demanda dos socialistas e veciños de Lugo para contar cun servizo de hemodinámica 24 horas no HULA

17049551789_6846b0f231_zO secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, comprometeuse hoxe en Lugo a levar ao Congreso dos Deputados a demanda dos socialistas e veciños da provincia para contar cun servizo de hemodinámica 24 horas e radioterapia no HULA.
Sánchez, xunto ao secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, participou nun encontro con enfermos afectados pola ausencia do servizo de hemodinámica e os tres puxéronse a camiseta co lema Que non che rouben o corazón! da campaña Pon a Camiseta, na que se demandan tamén unidades de radioterapia e mediciña nuclear.
“O deterioro do estado de benestar provoca unha sociedade desigual, a reivindicación dos lucenses é xusta e os socialistas a levaremos ao Congreso dos Deputados, hai recursos para atender as principais demandas e na sanidade non podemos ter precariedade”, afirmou o secretario xeral do PSOE.
Para Pedro Sánchez, “esta situación provoca cidadáns de primeira e de segunda, as medidas de recurtes na sanidade de Rajoy son dramáticas e o seguidismo de Feijóo aquí en Galicia lévanos a unha sociedade peor, temos que defender os servizos públicos”.
Pola súa parte, Besteiro manifestou que “non hai excusas, o que pasa realmente é que a Xunta de Feijóo non ten nin vontade política nin humanidade, a Deputación de Lugo comprometeuse a colaborar e aínda non tivemos una resposta”.
“O PP é insensible, Lugo non quere ser nin máis nin menos que o resto, levaremos ao Parlamento de Galicia esta causa que une a toda a provincia, e Feijóo e o seu goberno terán que facer pública a súa postura, a saúde está por encima de idearios políticos”, aseverou.
No acto, o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, recoñeceu que “os enfermos e os veciños moveron o noso corazón desde o principio, pero esta provincia non pode seguir así, esta batalla temos que gañala porque estamos falando da saúde das persoas”.
Por último, José Dono, enfermo de cancro e que sufriu tamén un infarto, relatou como tivo que ir “en coche á Coruña para que me atenderan, eu só quero os mesmos servizos que teñen o resto dos galegos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar