Pedro Sánchez e Gonzalo Caballero reivindican axuda para as zonas queimadas

Pedro Sánchez e Gonzalo Caballero reivindican axuda para as zonas queimadas

Pedro Sánchez e Gonzalo Caballero reivindican axuda para as zonas queimadas

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, anunciou hoxe que o próximo xoves manterá un encontro co presidente da Comisión Europea, Jean – Claude Juncker, a quen lle pedirá activar o Fondo de Solidariedade Europeo para apoiar ás zonas do sur de Galicia afectadas polos lumes. Así o dixo durante unha visita á zona xunto co secretario xeral electo do PSdeG, Gonzalo Caballero.

O responsable socialista quixo “estar hoxe coa xente, trasladarlles a nosa solidariedade, cariño e respecto” e reafirmar o “compromiso do PSOE” para intentar evitar este tipo de sucesos. Sinalou que “hoxe é día de intentar sofocar os lumes e estar cos afectados, sendo leais coa sociedade galega e non facer como fixo o PP cando estaba na oposición”.

Reafirmou a “cautela” nas declaracións cando aínda quedan focos activos, pero advertiu da “falla de políticas de prevención da Xunta de Galicia”, así como dunha “carencia absoluta dunha estratexia nacional contra o lume”. Reivindicou así máis recursos, políticas preventivas, recuperar a estratexia de desenvolvemento rural e a reconstrución da lexislación desmantelada polo PP, sinaladamente a Lei de Desenvolvemento Rural e a Lei de Montes.

Así o dixo no transcurso da visita a Nigrán, acompañado polos alcaldes desta localidade e de Gondomar, así como da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e representantes políticos e institucionais dos socialistas galegos. A continuación visitaron as zonas afectadas en As Neves, para rematar a xornada da mañá cun encontro co alcalde de Vigo, Abel Caballero, con quen visitaron os lugares afectados polas llamas nesta cidade.

Fracaso

O secretario xeral electo do PSdeG, Gonzalo Caballero, que comezou lembrando de novo ás vítimas e amosando o apoio aos seus familiares, así como aos efectivos do servizo de extinción, confirmou o “apoio aos cidadáns que a pé de rúa loitan contra o lume ao carón das súas casas”. Sinalou que, diante da situación desta fin de semana, “resulta evidente o fracaso da política forestal e medioambiental do goberno galego”.

Dixo que “non podemos permitir que os cidadáns galegos teñan que estar agardando a que chova para ver unha solución aos lumes forestais”. Emprazou a rematar cos traballos de extinción do lume para realizar unha “avaliación dende o PSdeG do fracaso provocado pola incompetencia e imprevisión da Xunta de Galicia”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar