Pediremos no Parlamento que a Xunta abra expediente informativo polas inundacións no HULA

Pediremos no Parlamento que a Xunta abra expediente informativo polas inundacións no HULA

Pediremos no Parlamento que a Xunta abra expediente informativo polas inundacións no HULA

A deputada lucense Concepción Burgo vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia nas que reclama que a Xunta abra un expediente informativo para analizar as causas “inexplicables” das “graves” inundacións no edificio do HULA, inaugurado hai só seis anos, en 2011. Burgo pide que aclaren se hai deficiencias na construción ou ben problemas de mantemento.

 

A socialista pon en evidencia que “a auga caía en cascadas polos falsos teitos, os ascensores e as escaleiras, e saia a borbotóns das arquetas”, o que fixo que se derrubaran falsos teitos e quedaran afectadas varias zonas do hospital como radioterapia, urxencias, farmacia e informática, tendo incluso que chegar a facer orificios nas paredes para que a auga saíse das salas nos momentos de máxima acumulación.

 

Ante esta situación, Burgo quere que a Xunta informe sobre o estado no que estaban os baixantes do hospital, cales foron os danos concretos ocasionados pola auga e se houbo que trasladar pacientes e suspender algunha operación por culpa destas inundacións.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar