Pediremos no Congreso a comparecencia do ministro de Fomento para explicar os plans do AVE a Galicia

Pediremos no Congreso a comparecencia do ministro de Fomento para explicar os plans do AVE a Galicia

Pediremos no Congreso a comparecencia do ministro de Fomento para explicar os plans do AVE a Galicia

Os deputados socialistas no Congreso solicitarán a comparecencia do ministro de Fomento para que explique a nova planificación do AVE a Galicia e os atrasos que dela se derivan. A coordenadora do grupo socialista, Pilar Cancela, afirma que toman esta decisión porque queren escoitar ademais en boca do propio ministro “cal é o proxecto de AVE que se pretende executar”, se é “o proxecto integral que esperamos os galegos e galegas” ou un AVE “deturpado e recurtado”, xa que a Feijóo “parece non importarlle, só acata, e se conforma cunha foto cada tres meses” e “tampouco aclara o que queren saber os cidadáns”.

Os socialistas trasladaranlle ao ministro tamén as preguntas por escrito que rexistraron no Congreso, para coñecer se haberá plataforma de dobre vía en todo o proxecto ou os plan para a variante Taboadela-Ourense, o tramo a Pontevedra e Vigo por Cerdedo, a ínea Ourense-Lugo ou a conexión con Portugal a través da saída sur en Vigo.

As estacións intermodais pendentes en Galicia, como as de Vigo, Santiago, Ourense e Lugo, serán outra das preguntas ás que terá que responder o ministro. Ademais, requeriranlle o cadro orzamentario, partida a partida, para os próximos anos e esixirán que explique os graos de execución das partidas para o AVE a Galicia desde o ano 2012 ata o 2016, “para demostrar a falsidade dos orzamentos do goberno de Rajoy con destino a Galicia”. Unhas contas que “sempre se maquillaron cunhas partidas para os tramos da alta velocidade que nunca se chegaban a executar na súa totalidade”, explica Cancela, o que significou “furtar ao proxecto ferroviario galego máis de mil millóns de euros co conseguinte atraso nas obras”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar