Pedimos un plan antifraude na contratación pública nun momento no que a corrupción do PP racharía co barómetro do CIS

Pedimos un plan antifraude na contratación pública nun momento no que a corrupción do PP racharía co barómetro do CIS

Pedimos un plan antifraude na contratación pública nun momento no que a corrupción do PP racharía co barómetro do CIS

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, presentou no Parlamento unha proposición non de lei para que a Xunta aprobe un plan antifraude na contratación pública autonómica. O socialista lembrou que estas medidas de transparencia son máis necesarias ca nunca nun momento no que os casos de corrupción do PP “asolagan minuto tras minuto” os xulgados e os medios de comunicación. “O mercurio do barómetro do CIS racharía completamente se hoxe se fixese unha nova enquisa”, afirmou.

 

Villoslada apuntou que o pasado 15 de febreiro a Xunta comprometeuse a desenvolver neste ano un plan de mellora da contratación pública, pero incidiu en que este plan “non recolle ningunha medida concreta de loita contra a fraude nas licitacións”. Por iso, pediu “avanzar con máis decisión” na adopción de medidas técnicas e legais que eviten estas prácticas. Lembrou que a CNMV calcula que o sobrecusto causado por malas prácticas “anticompetencia” ascende a 40.000 millóns de euros ao ano en España, un 4,5% do PIB.

 

O socialista considerou “unha frivolidade” que o PP tratase de emendar esta posposta clara dos socialistas para evitar a fraude, e máis “coa que está a caer”. Advertiulles de que “a corrupción non se salda coas furnas”, como asegurou no seu día o actual ministro de Xustiza, Rafael Catalá, e lembrou que o PP en Galicia “non está a ser un exemplo de comportamento” nas contratacións. Así, lembrou a recente licitación do concurso de servizos de limpeza por 45 millóns de euros sen distribuílo en lotes, o que evita que poidan concorrer as pemes galegas, ou as irregularidades manifestas na concesión das ambulancias do 061. “E vostedes contemporizando”, reprochou.

 

“Nunca, pero precisamente menos nestes días, o PP non debera ter ningunha matización para acometer un plan serio en materia de contratación”, incidiu. Pediu “tolerancia cero” coa fraude e lamentou que Feijóo “invoque o pecado orixinal e busque explicacións á corrupción citando a Adán e Eva”, en alusión ás palabras do presidente da Xunta no acto do Consello de Contas o pasado venres.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar