Pedimos transparencia e legalidade coa venda das centrais de Ferroatlántica e que manteñan a actividade industrial

Pedimos transparencia e legalidade coa venda das centrais de Ferroatlántica e que manteñan a actividade industrial

Pedimos transparencia e legalidade coa venda das centrais de Ferroatlántica e que manteñan a actividade industrial

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, e a deputada da Costa da Morte Loli Toja reuníronse esta mañá en Dumbría cos representantes do comité de empresa e traballadores das centrais de Ferroatlántica e cos alcaldes da zona. Leiceaga instou á Xunta a “dar unha explicación aos veciños, ao comité e aos alcaldes” despois de que a empresa propietaria das centrais, Ferroglobe, lles teña comunicado á bolsa neoiorquina e londinense a súa venda a unha empresa canadiense. O socialista pediu que o goberno galego “defenda o mantemento dos postos e traballo e a continuidade da fábrica”, que pasa porque “as centrais hidroeléctricas sigan ligadas á actividade industrial”.

“Pasou o tempo en que a Xunta, o seu presidente e o conselleiro de industria podían mirar para outro lado e facer que non pasaba nada. Hai unha comunicación formal e por tanto un coñecemento público de que o proceso está en marcha”, advertiu Leiceaga. O goberno galego debe “defender a mellor posición para os intereses de Galicia”, que combinan “facilitar a realización de investimentos por parte da empresa pero tamén o mantemento da actividade industrial” na zona. “É a fábrica máis importante desta zona e debe garantirse a súa continuidade, que pasa por que as centrais hidroeléctricas sigan ligadas á actividade industrial”, dixo.

Os socialistas comunicáronlles aos traballadores que levarán unha iniciativa o próximo mércores á comisión de industria no Parlamento para volver a situar este tema na importancia que ten. “Esixiremos dúas cousas: que se cumpra a estrita legalidade, o que implica que non se vai poder levar a cabo a segregación das actividades, e transparencia”, explicou a deputada Loli Toja, que defenderá a iniciativa. Os socialistas lembran que hai unha concesión á que lle restan máis de 50 anos e é unha actividade “que ten beneficios todos os anos, e cuxa rendibilidade non está en cuestión”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar