Pedimos que o problema lácteo sexa tratado como unha cuestión territorial de Estado

Pedimos que o problema lácteo sexa tratado como unha cuestión territorial de Estado

Pedimos que o problema lácteo sexa tratado como unha cuestión territorial de Estado

Os deputados autonómicos José Manuel Pérez Seco e Loli Toja e o senador Ángel Mato visitaron esta mañá a explotación gandeira S.A.T Busto-Corzón e participaron nunha reunión coa Asociación de Gandeiros de Mazaricos na que escoitaron as demandas do sector e presentaron novas iniciativas parlamentarias. Entre elas, Mato presentou unha relevante moción conxunta asinada por todos os grupos socialistas da cornisa cantábrica e León (Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e León) que levarán ao Senado con medidas estratéxicas para o sector lácteo para que sexa tratado como “unha verdadeira cuestión territorial de Estado”.

O senador socialista, que reclamou a necesidade de “medidas estruturais”, advirte de que “sería unha temeridade poñer en risco un sector esencial para o desenvolvemento do medio rural”. A moción recolle un total de 12 medidas para incorporar un réxime sancionador ao acordo lácteo, establecer un prezo sostible, darlle transparencia aos prezos, promover a identificación da orixe ou establecer un instrumento financeiro específico ao servizo das explotacións gandeiras lácteas (ADXUNTAMOS MOCIÓN COMPLETA).

Os socialistas, que estiveron acompañados polo secretario xeral de Mazaricos, Manuel Traba, trasladaron tamén as principais iniciativas que presentarán no Parlamento de Galicia relativas ao sector. Así, o portavoz de gandeiría, Pérez Seco, destacou as relativas ás axudas da PAC (Política Agraria Común) para axilizar os pagos; unha revisión dos contratos para evitar prezos abusivos no leite ou un plan especial de mellora do BANTEGAL, para conseguir que a maior parte da materia prima necesaria para a gandeiría se produza en Galicia.

Pola súa banda, a deputada polo Barbanza Loli Toja púxose tamén a disposición de todo o tecido asociativo da zona para poder ser altofalante das súas demandas na Cámara galega. Toja lamentou que “un sector clave para a nosa comunidade teña que loitar tanto para acadar unha remuneración digna polo seu traballo”. Nesta idea indiciu Pérez Seco, que lembrou que desde 2015 pecharon máis de 900 explotacións gandeiras en Galicia, baixando un 11% a produción, e “aínda así Galicia produce máis do 40% do leite de toda España”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar