Pedimos que a Xunta recupere a negociación colectiva cos empregados públicos

Pedimos que a Xunta recupere a negociación colectiva cos empregados públicos

Pedimos que a Xunta recupere a negociación colectiva cos empregados públicos

O portavoz de administración autonómica do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, esixiulle á Xunta un calendario para “recuperar o diálogo social e a negociación colectiva” cos empregados públicos e revertir as medidas da Lei 1/2012 que recurtaron os dereitos destes traballadores e a calidade e nos servizos públicos. Villoslada lembrou que esa lei tiña efecto temporal pola crise e contemplaba ser revisada aos dous anos, polo que pediu a súa revocación e negociación colectiva para “un pacto polo emprego e os servizos públicos” neste mandato 2017-2020.

O socialista pediu que a Xunta non volva a utilizar “un ton paternalista e ofensivo” cos empregados públicos ao dicir que “se lles pediu un esforzo”, cando foron decisións unilaterais. Afirmou tamén que o balance do goberno galego no pasado mandato en materia de emprego público é “desolador”, e lembrou os “recortes drásticos” nos dereitos destes traballadores no referente a incapacidades, fondos de acción social, xubilacións forzosas, descansos ou restricións na provisión de postos de traballo e mobilidade. Entre estes datos, destacou o recorte salarial “en torno aos 800 millóns de euros durante os últimos catro anos, cunha redución media do 20% a cada empregado público”.

Villoslada denunciou a baixada dos orzamentos en máis de 1.200 millóns en xustiza, acción social, educación e sanidade nos últimos anos, con 3.000 postos menos en sanidade, 2.500 en educación, e 1.700 investigadores menos no período 2010-2015, e cun incremento do 50% no emprego temporal. O socialista lembrou que desde a Valedora do Pobo ata o Tribunal de Xustiza da Unión Europea esixen retomar o diálogo social.

“Estamos ante unha política trazada para adelgazar os servizos públicos, diminuír a capacidade da acción redistributiva e social do Estado de Benestar, desregulalo e facilitar novos ámbitos de privatización” afirmou Villoslada, que ve unha tendencia de “absoluta liberalización e individualización dos problemas sociais”, que volven ser atendidos “desde unha visión de beneficiencia, abandonando a protección e xusta redistribución social”.

Case 4.000 traballadores en perigo e cambio no Consultivo
O deputado socialista incidiu nas modificacións “fraudulentas” que a Xunta vén de introducir “con alevosía e nocturnidade” e “pola porta de atrás” na Lei de Acompañamento. Entre elas, a supresión do corpo de letrados do Consello Consultivo sen respectar “a independencia do máximo órgano consultivo do goberno” e as modificacións nos contratos de case 4.000 traballadores e traballadoras temporais dos centros de Política Social que poderían ser despedidos sen dereito a indemnización.

O socialista lamentou que os primeiros pasos desta lexislatura, coa impugnación dos orzamentos nos tribunais por parte dos sindicatos, as citadas modificacións fraudulentas e as permanentes mobilizacións dos representantes dos empregados públicos ás portas do Parlamento “non anuncian, polo de agora, intención de retomar o diálogo social.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar