Pedimos que a Xunta explique as medidas previstas polo veto do cultivo da pataca

Pedimos que a Xunta explique as medidas previstas polo veto do cultivo da pataca

Pedimos que a Xunta explique as medidas previstas polo veto do cultivo da pataca

Os deputados socialistas José Manuel Pérez Seco e José Antonio Quiroga levarán varias iniciativas ao Parlamento de Galicia para pedirlle á Xunta que explique “cales son as medidas e compensacións previstas” para os 31 municipios galegos afectados polo veto ao cultivo da pataca no norte das provincias da Coruña e Lugo debido á praga da couza.

Os socialistas advirten de que “son moitos os agricultores afectados por este veto, na súa maioría para autoconsumo, que ven estragadas as súas colleitas ou que teñen xa a semente mercada” para a vindeira tempada debido á tardanza do anuncio, xa que “dende a anterior colleita houbo tempo máis que de sobra para tomar esta medida e aforrarlle uns cartos os afectados”, din. Os deputados deixan claro o seu apoio todos os traballos de erradicación das pragas, pero censuran a “falta de planificación” do goberno.

Ademais, amosan a súa preocupación pola ausencia de medidas compensatorias nas zonas de prohibición no real decreto do Ministerio de Agricultura. “Pedímoslle á Xunta que non eluda as súas responsabilidades, que esixa solucións e que poña as medidas necesarias para paliar o máximo posible os prexuízos” ocasionados pola prohibición.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar