Pedimos medidas urxentes contra o radón nas Normas de Habitabilidade da Xunta

Pedimos medidas urxentes contra o radón nas Normas de Habitabilidade da Xunta

Pedimos medidas urxentes contra o radón nas Normas de Habitabilidade da Xunta

A deputada socialista María Pierres presentou hoxe unha pregunta en comisión parlamentaria para pedirlle explicacións á Xunta sobre as medidas contra a incidencia do gas radón en Galicia, e criticou que non se ve “aplicación real” de solucións a pesar de ser a comunidade máis afectada de España. Pierres considera un erro a eliminación de obrigas como empregar forxados sanitarios de 60 cm de altura para asegurar a correcta ventilación nas novas vivendas, que estaban na Normas do Habitat Galego de 2007.

A socialista pediu recuperar esta medida e introducila nas Normas de Habitabilidade de Galicia, nas mesmas condicións, e lembrou que na comunidade, unhas 42 das 53 comarcas galegas presentan un risco alto de concentración de radón. As provincias de Pontevedra e Ourense, dixo, son “as máis expostas de toda España” con cifras do 21% e 32% de vivendas que sobrepasan os 200 Bequerelios máximos recomendados.

Pierres apuntou que o gas radón é a primeira causa de cancro de pulmón despois do tabaquismo, e lamentou que Galicia “non estea á cabeza na toma de medidas” pese á súa singularidade xeolóxica. Destacou que hai vivendas na comunidade nas que se atopou unha incidencia de ata 2.000 e 3.000 Bequerelios, e puxo o exemplo dunha vivenda en Ourense  dunha familia con tres fillos na casa na que se mediron picos de 20.000 Bequerelios. “Hai moitos pais e nais que demandan solucións e medidas urxentes”, afirmou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar