Pedimos a supresión dos aforamentos dos deputados en Galicia

Pedimos a supresión dos aforamentos dos deputados en Galicia

Pedimos a supresión dos aforamentos dos deputados en Galicia

O portavoz da área institucional do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, anunciou esta mañá o rexistro dunha iniciativa para suprimir os aforamentos dos deputados e deputadas do Parlamento de Galicia. Villoslada considera esta medida unha “absoluta necesidade en materia de loita contra a corrupción, unha tremenda lacra que está a minar a confianza dos cidadáns”

O socialista explicou que esta modificación esixe a reforma do artigo 11 do Estatuto de Autonomía, e que o obxectivo do seu grupo é “poñer este tema na mesa do debate político” e “ver se todos os grupos da Cámara estamos en condicións de acadar o necesario consenso”. Considerou que o aforamento parlamentario “responde a outras épocas” e a “sistemas que non teñen madurado democraticamente”, e apuntou que “é percibido pola cidadanía como un privilexio” dos representantes autonómicos. “Hai que superalo, e que os representantes dos cidadáns sexan xulgados polos tribunais ordinarios, como ocorre co resto da cidadanía”, afirmou.

Esta iniciativa está dentro das medidas coas que os socialistas están intensificando a loita contra a corrupción na Cámara galega, que precisamente vén de aprobar neste último pleno por unanimidade unha proposición defendida por Villoslada para crear un plan antifraude na contratación pública.

“Non vaia ser que pase como coas contas de Ignacio González”

O socialista avanzou que presentarán unha moción con diferentes medidas no vindeiro pleno, entre elas unha para a protección integral dos denunciantes que queiran destapar casos de corrupción das institucións públicas en Galicia. “Non vaia ser que nos enteremos, como nos estamos enterando en Madrid, de que o PP tiña noticias de contas en Suíza de Ignacio González e non dá conta desa información”, afirmou. Tamén persentarán outras medidas como a necesaria regulación dos grupos de presión (lobbies).

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar