Pedimos a recuperación dos fondos do plan mineiro

Pedimos a recuperación dos fondos do plan mineiro

Pedimos a recuperación dos fondos do plan mineiro

O portavoz do grupo socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, visitou Cerceda xunto cos deputados Begoña Rodríguez e Juan Díaz Villoslada, o alcalde, José García Liñares, e o grupo municipal para presentar iniciativas parlamentarias en favor da recuperación dos fondos do plan mineiro, que o Rajoy eliminou de xeito unilateral cando chegou ao goberno en 2011 e que afectan a 16 concellos galegos do entorno de Cerceda e As Pontes. “Esixímoslle ao goberno de España que cumpra cos seus compromisos, e á Xunta que cumpra coa súa obriga de defender os concellos galegos e facer un esforzo adicional nesta materia”, afirmou Leiceaga.

Os socialistas lembraron que en 2014, o goberno de Rajoy volveu publicar un real decreto para estas axudas de impulso económico das comarcas mineiras. “Van dous anos e medio desde que se aprobou, e estamos sen noticias das negociacións da Xunta co ministerio para crear a comisión de cooperación que se establece nese real decreto, con 16 concellos galegos como potencias beneficiarios”, lamentou Begoña Rodríguez. “Cremos que Galicia debe ser beneficiada, e que o goberno de España e a Xunta teñen unha débeda social e económica cos concellos que albergaron minas de carbón, polo que pedimos que se nos informe e que se habilite o que temos perdido”, pediu a deputada.

Pola súa banda, Leiceaga incidiu en que estes fondos son unha compensación para que se poida avanzar no “equilibrio territorial” en dúa comarcas moi importantes para Galicia. “A mina é un recurso finito, e hai que facilitar a transición desde o esforzo que fixeron coa mineiría, con efectos ambientas e sobre saúde, cara a unha actividade máis sostible. Iso esixe investimentos, infraestruturas e promoción industrial”, asegurou, poñendo como exemplo deste esforzo ao concello de Cerceda, que “ten que ter o apoio necesario”, dixo. “Podemos entender que as axudas se dilatasen no tempo por dificultades económicas, pero non que levemos tres anos de recuperación e non se recupere o perdido”, criticou.

Begoña Rodríguez lembrou que a última vez que se reuniu a mesa do carbón, na que había representación da Xunta, dos sindicatos e dos concellos de Cerceda e As Pontes, foi en febreiro de 2012, e nese momento había 18,5 millóns de euros executados, 6,2 millóns en execución, máis de 55 millóns pendentes de convenio e 16,6 aínda pendentes de inclusión en protocolo.

Pendentes dunha resolución xudicial
En outubro de 2013 houbo unha sentenza do tribunal central do contencioso-administrativo que corrobora que a eliminación dos fondos foi unha medida ilegal, pero o goberno de Rajoy recorreu dita sentenza e agora o recurso está pendente de resolución na Audiencia Nacional. O alcalde de Cerceda, José García Liñares, lamentou que Cerceda “fixo os deberes e presentou todos os proxectos” pero “os recortes do PP” deixaron sen nada a estas comarcas.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar