Pedimos a destitución da xerente do CHUOU ante un novo colapso en Urxencias

Pedimos a destitución da xerente do CHUOU ante un novo colapso en Urxencias

Pedimos a destitución da xerente do CHUOU ante un novo colapso en Urxencias

A deputada ourensana Noela Blanco denuncia “o novo colapso” no servizo de urxencias do CHUOU sen que a xerencia do hospital teña habilitado ningún plan e mentres no centro “hai varias unidades pechadas e unha falta de persoal e de recursos alarmante”, polo que pide a destitución da xerente, Eloína Núñez, pola súa “incompetencia e inacción reiterada”.

Blanco presentará iniciativas no Parlamento sobre a situación sanitaria no hospital e reclama “que se utilicen as unidades que se atopan pechadas” e “que se teñan convenientemente preparados e organizados os espazos físicos e os recursos de persoal” cos que se reforcen estas unidades habitualmente pechadas. A socialista denuncia asimesmo que o ratio de persoal sanitario nas dependencias de urxencias é moito menor do recomendado polas sociedades científicas, pola OCDE e polo propio Ministerio de Sanidade.

“A xerencia deste hospital ten optado hai tempo pola inacción e a falta de estratexia de xestión, dirección e organización”, lamenta a deputada, que esixe responsabilidades ante a deficiente calidade da atención recibida polos pacientes nos últimos días, que estiveron hacinados nas dependencias hospitalarias co consecuente risco para a súa saúde nun centro que funciona “grazas aos profesionais sanitarios que a base de profesionalidade, dedicación e esforzo intentan suplir unha importante carencia de medios e de xestión”.

Mercedes Cernadas

Deixar a resposta

Pechar