Peche das oficinas de Correos no rural ourensán

Peche das oficinas de Correos no rural ourensán

Peche das oficinas de Correos no rural ourensán

A deputada socialista Noela Blanco presentou unha batería de iniciativas parlamentarias sobre o inminente peche como mínimo das oficinas de correos de Viana do Bolo, Leiro, A Gudiña, Tribes, Barbantes e Cortegada. Blanco advirte que esta situación, provocada polos recortes recortes orzamentarios por parte do goberno, pon en perigo o dereito da cidadanía ás comunicacións postais.

A deputada socialista sinala que este retallo, ademais de empobrecer o servizo para a cidadanía do medio rural, que “ten o mesmo dereito que tódolos demais a ter un servizo público de calidade”, suporá que “vai precarizar o emprego, recortar o persoal, lastrar a conta de resultados de Correos”.

Blanco ironizou co feito de que esta decisión supón “unha mostra máis do compromiso de Feijóo coa que vén de bautizar como Lexislatura do Rural”, que “non fai máis que asumir medidas do Goberno central que supoñen o aceleramento do despoboamento do noso rural”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar