Psdeg-Psoe
Contactar

 
Os socialistas prensentan o recurso contra a concesión da planta de biomasa de Ence
Carmen Gallego pretende que esta autorización se revoque para poder paralizar o proxecto
29/07/10
 
 

Pontevedra, 28 de xullo do 2010. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego analizou a concesión da Xunta da planta de  Biomasa de Ence, en Lourizan. En rolda de prensa, na sede socialista de Pontevedra, anunciou que o Partido Socialista presentou hoxe un recurso contra esta concesión da Xunta “co fin de que esta autorización se revoque, e poder paralizar o proxecto”.


Asegura que a Resolución da Xunta, sobre este asunto, adoece de varios defectos. Gallego explica que autorizar unha Planta nun terreo que non é propio, xa que é de dominio publico marítimo terrestre e cunha concesión administrativa que caduca no 2018 sen posibilidade de prorroga, incumpre o Artigo 8 do Decreto que regula este tipo de instalación nas plantas de Biomasa. Di que por exemplo hai que acreditar a titularidade dos terreos ou a súa viabilidade económica e subliña que a Xunta “puido aprobar outros proxectos que si cumprían os requisitos e que estaban en cola”.


A portavoz socialista explica dende o PSdeG-PSOE denunciamos insistentemente que Feijoo ía autorizar unha planta de Biomasa en Lourizan, a sabendas que a concesión caduca no 2018. Advirte que hai motivos legais e técnicos mais que suficientes para rexeitar este proxecto.


Lembra ademais que o Grupo Parlamentario Socialista impulsou unha iniciativa, que foi aprobada por unanimidade, co fin de que tódolos grupos políticos se comprometeran a que no ano 2018 Ence ten que estar fora da Ría de Pontevedra”. Por iso insiste “non nos fiamos do Partido Popular”. Xa que afirma “esta adxudicación lévanos a pensar que están tentado xogar coa cidadanía de Pontevedra”.


Gallego replica que nin Ence nin tampouco a Xunta se puxeron en contacto co Ministerio de Medio Ambiente para instalar unha planta de Biomasa, xa que advirte que “Ence ten unha concesión para explotar celulosa e eucalipto, e non unha planta de Biomasa”, explicou “esto foi algo que non fixo”.


A actitude do Partido Popular foi hipócrita e demagóxica


Así as cousas a deputada socialista di que todos estes argumentos son suficientes para reclamarlle a Feijoo “que rectifique”, sobre esta decisión. Dixo ademais que a actitude do Partido Popular neste asunto “foi hipócrita e demagóxica”. Afirma tamén que o PP xoga ao despiste coa cidadanía ata as eleccións municipais “para ver si son capaces de manter esta mentira, xogando ao despiste coa concesión”.


Asevera que dende o PSdeG-PSOE seguiremos traballando para que non se instale esta planta de Bioamasa, e para que o Goberno de Feijoo negocie coa empresa unha ubicación alternativa á Ence en Galicia, e fora da Ria de Pontevedra.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE
E-mail: ceng@psdeg-psoe.org