Psdeg-Psoe
Contactar

 
Vázquez critica a "incoherencia e improvisación" de Feijóo ao gastar 1.600 millóns dos 2.600 que ten que devolver ao Estado
Denuncia a demagoxia de Feijóo, que por unha banda esixe ao Goberno central que non pare ningunha infraestrutura e ao día seguinte di que non participará na corresponsabilidade fiscal co Estado, ou que un día di que non lle cadran as contas e logo anuncia rebaixa de impostos
28/07/10
 
 

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2010.- O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, criticou hoxe a “incoherencia” do Goberno de Feijóo, que o pasado ano gastou 1.600 millóns de euros dos 2.600 que a Xunta lle ten que devolver agora ao Estado. Vázquez fixo estas declaracións nunha entrevista á Cope, na que lembrou tamén que hai seis meses, cando se aprobou este sistema de devolución no Consello de Política Fiscal, o PP votou a favor, “e agora di que non quere pagar”.
 

“Isto demostra a incoherencia e a improvisación do Goberno de Feijóo”, subliñou Vázquez, “porque Feijóo non pode gastar 1.600 millóns de euros un ano, presumir de que grazas a elo Galicia cadra as contas, aos seis meses aprobar unha cousa no Consello de Política Fiscal, e cando chega o momento de facer fronte ao acordado ou de facer uns novos presupostos, dicir que non devolve o que antes pactou devolver ou que non sabe como cadrar o presuposto”.
 

O líder socialista apuntou que en materia económica “non hai que inventar e improvisar” porque “hai un corsé financieiro que apreta a Galicia, a España e a toda Europa” e “igual que os concellos teñen que pagar o que corresponde á Xunta, o Goberno galego ten que facer o propio co Estado”. A este respecto lembrou que “hai un ano e medio Feijóo tiña receitas para todo e agora vemos que non ten solucións para case nada”.

 
Apuntou como outro elemento de incoherencia do Goberno do PP “que esixa ao Goberno central que non pare ningunha infraestrutura, e ao día seguinte diga que non participará na corresponsabilidade fiscal co Estado”, ou que Feijóo diga que non lle cadran as contas do 2011 e logo anuncie rebaixa de impostos.

 
“Isto non é máis que demagoxia e fogos de artificio”, sinalou Vázquez, “porque non é posible dicir que faltan cartos e, á vez , dicir tamén que vai baixar impostos e non vai recortar o gasto social” porque, sinalou, “é unha ecuación imposible”. 
 

Preguntado respecto ao anuncio do PP de non tocar o gasto en políticas sociais nos orzamentos do 2011, Vázquez lembrou que “o están a dicir os mesmos que en 2009 fixeron o mesmo anuncio e logo recortaron cen millóns de euros en sanidade, pecharon os quirófanos polas tardes, aumentaron o gasto farmacéutico, pecharon comedores escolares e suprimiron a gratuidade dos libros de texto”.
 

“Feijoo tirouse polo tobogán da demagoxia  cando explicou que a súa austeridade era gardar dez audis, que comprara o PP,  nun garaxe para que se enchan de pó, e sigue nesa liña”, criticou Vázquez.
 

Ante a situación actual reclamou  “un plan de austeridade real, onde os servizos públicos queden garantidos e que  non recorte o estado de benestar”, e criticou que mentres tanto “o Goberno de Feijóo fala moito, pero toma poucas decisións, e gobernar é tomar decisións”.
 

Preguntado polos recortes do Ministerio de Fomento en infraestruturas, Vázquez destacou o “esforzo sen precedentes” que está a facer este Ministerio e sinalou que, a pesar de que a ninguén lle gusta retrasar unha obra, en ocasións é necesario.
 

Vázquez salientou que en Galicia “non se van producir retrasos nas grandes infraestruturas estratéxicas” e recordou que “os que reclaman polos recortes do Goberno central son os mesmos que diminuíron un 60 por cento a licitación de obra pública en Galicia

 

 
 

 

PSdeG-PSOE
E-mail: ceng@psdeg-psoe.org