Psdeg-Psoe
Contactar

 
Os socialistas visitan as instalacións de Feiraco en Negreira
Sonia Verdes asegura que a empresa Feiraco “liderou o fito mais importante no último ano no sector gandeiro e que non soubo valorar o Goberno de Feijoo como unha oportunidade para o sector lácteo”
28/07/10
 
 

Negreira , 27 de xullo de 2010. O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga acompañado de portavoz de Medio Rural Sonia Verdes visitaron hoxe as instalacións da planta leiteira de Feiraco en Negreira.


Con esta visita de traballo os socialista galegos queren amosar unha vez mais “o compromiso co sector lácteo galego”, e nomeadamente “dun modelo empresarial como Feiraco”. Destacaron tamén o traballo incansable dos “ traballadores e traballadoras destas explotacións gandeiras”, xa que foron quen de “apostar polo cooperativismo e pola investigación como motor de desenvolvemento nun proxecto punteiro, non so nesta comarca senón en toda Galicia”.


A deputada socialista Sonia Verdes asegura que a empresa Feiraco “liderou o fito mais importante no último ano no sector gandeiro, coincidindo ademais cun cambio de Goberno autonómico”. Nese senso lembrou o proxecto que impulsaba esta empresa, e que integraba 24 cooperativas galegas para a xestión da planta de Pascual que permitía concentrar 500 millóns de litros de leite, co fin de contribuír a estabilizar o prezo do leite e vertebrar o sector.


A portavoz de Medio Rural advirte que a política errática de Núñez Feijoo fracasou xa que “defendeu un proxecto deficitario, coa única escusa de apoiar a empresas afíns ao Partido Popular, e desenvolvendo ademais practicas desleais co apoio da Xunta.


Así as cousas a deputada considera que se perdeu unha oportunidade única para o sector lácteo. Tamén acusa a Feijoo de non solventar ningunha medida que resolvera as dificultades das explotacións leiteiras galegas . Verdes denuncia que esta política de recortes e paralizacións trouxo consigo o “peche de arredor de 2000 explotacións”. Pola contra puxo en valor as iniciativas presentadas polo Grupo Parlamentario Socialista encamiñadas a impulsar e promover o sector  “como as axudas directas, ou  subvencións para explotacións que quedaron fora da cuota láctea”, moitas delas na influencia da comarca de traballo de Feiraco.

 

 

PSdeG-PSOE
E-mail: ceng@psdeg-psoe.org