Psdeg-Psoe
Contactar

 
Pose denuncia que non se están a programar actividades cirúrxicas no verán
Advirte que o estado das consultas tras o verán poden ser "caóticas" e denuncia “a mentira e a manipulación que tenta realizar o Goberno de Feijoo coa asistencia aos pacientes de gravidade 1”
23/07/10
 
 

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2010. O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose realizou hoxe unha rolda de prensa para facer unha análise das últimas actuacións da Consellería de Sanidade.


Pose denuncia que despois do verán o estado das consultas dos hospitais en Galicia “poden ser caóticas”. Xa que asegura que non se están programando actividade cirúrxicas no verán, e insiste “solo cobren urxencias”. E ironizou “que Dios nos colle confesados para setembro”. Sinalou que é “normal que a actividade programada baixe durante o período estival a causa das vacacións do persoal, pero insiste “o que nunca se fixo nin se pode facerse é pechalo todo”.


O deputado explica que a valoración feita recentemente polo Presidente Feijoo sobre a sanidade en Galicia reflicten “que non coñecen a realidade e que tenta enganar aos galegos”, aseverou. Dixo que “musica reiterada e propagandística”, sobre que se atenden aos pacientes graves de prioridade 1, “non nos cansaremos de repetir que é falso, carente de todo rigor”. E insiste nas súas criticas “incluso ponlle os pelos de punta aos profesionais sanitarios que escoitan estas declaracións”. O deputado socialista lembra que a gravidade “é un concepto clínico e modificable”.


O portavoz socialista tamén fixo alusión as declaracións realizadas dende a Consellería de Sanidade nas que aseguran “las estadisiticas no nos importan, nos importan los pacientes”. A quen lle están tomando o pelo”?, preguntou Pose. Nese senso fixo alusión ao incremento das listas de espera “para desenmascarar” dunha vez as palabras da Conselleira, e subliñou que “hoxe os pacientes de ciruxia vascular teñen que esperar 103 días como media para consulta, o que supón un incremento de 20 días”. Advirte que para operar teñen unha espera de “71 días como media”.


No que atinxe aos servicios de cardioloxía “teñen unha espera media de 61 días para ser consultado, incrementouse en 26 días”. Nas consultas de dixestivo a espera é de 70 días, cun incremento de 16 días nestes últimos datos de xullo. O mesmo sucede nos servicios de radioterapia, advirte que o retraso nesta terapia “ten repercusións determinantes no prognostico dos pacientes”.


Pose di que a Conselleira de Sanidade non esta capacitada para xestionar o SERGAS “xa que non di, nin fai nada que sexa coherente”. Insistiu nas súas criticas e denunciou “a mentira e a manipulación que tenta realizar o Goberno de Feijoo coa asistencia aos pacientes de gravidade 1”.


Maquillaxe das listas de espera


Sobre o “maquillaxe” das listas de espera afirma que “non pode haber calidade asistencial senón se atende aos pacientes”. O deputado argumenta que o deterioro “é dunha magnitude importante”. Puxo como exemplo as listas de espera dos Hospitais de Burela e Vigo. E referiuse á especialidade de xinecoloxía no Hospital de Vigo, pasou de 14.516 persoas en lista de espera en 2009, cunha media de 104 días de espera a 6.125, unha media de 108 días. E preguntou que pasou? , pois que sacaron pacientes da lista como as mulleres que acoden a realizar unha citoloxía nas denominadas consultas de saúde. E insistiu na súa pregunta pero “mellorou o funcionamento? non”, proclamou.


CHUS e POVISA


Tamén fixo referencia ao Hospital de Santiago (CHUS) e ao de Vigo (POVISA) “socorro -dixo Pose- que alguén faga algo”. E proseguiu o “deterioro é de tal magnitude que debería levarse por diante a algún responsable político”, xa que cada vez empeora mais. Explica que os datos destes hospitais son de “escándalo”.


No CHUS as consultas de dixestivo o tempo media de espera esta en 107 días “o que supón un aumento de 40 días”. En cardioloxía aumentou 16 días, en nefroloxía 13 días, en uroloxía 88 días de incremento, en ciruxia pediátrica aumentou 50 días. Reclamou “que alguén faga algo nestes dous hospitais”. E asegura que esto non depende dos recursos senón da xestión.


Por último envíolle unha mensaxe a Feijoo xa que cuestionou a “capacidade de xestión de Farjas”, e recomendou a Feijóo que recoñeza a “realidade que é mala”, e espetoulle “deixe de vivir do conto chino”, concluíu.

 

 

 

 

PSdeG-PSOE
E-mail: ceng@psdeg-psoe.org