Psdeg-Psoe
Contactar

 
Losada esixe a Feijóo que impulse medidas para a venda de automóbiles
Advirte que son os propios concesionarios os que esixen a Consellería de Economía e Industria estas medidas, por iso reclama “que abandone dunha vez a utilización partidarias do seus recursos e que poña en marcha de novo o plan de apoio á compra de automóbiles”
23/07/10
 
 

Santiago, 23 de xullo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada esixiu hoxe ao Goberno de Feijoo que poña en marcha medidas para a venda de automóbiles. Lembra que os datos sobre a venda de automóbiles nas dúas primeiras semanas do mes de xullo caeron un 42%, mentres que no conxunto de España un 14%. O deputado socialista rexistrou unha iniciativa na Cámara Autonómica para demandar estas medidas.


Diante desta situación Abel Losada asegura que este asunto “é vital para a reactivación da economía de Galicia”, e non so afecta aos fabricantes e as industrias auxiliares senón tamén a amplía rede concesionarios de Galicia. Neste punto advirte que “son os propios concesionarios os que esixen a Consellería de Economía e Industria que abandone dunha vez a utilización partidarias do seus recursos e que poña en marcha de novo o plan de apoio á compra de automóbiles”, aseverou.


Losada di que dende o PSdeG xa sinalamos que non debería ser abandonado esta Plan no ano 2010. Replica que a única intención da Consellería de Industria “é utilizalo coma un ariete contras as políticas do Goberno de España”.


Por último asegura que o Goberno de Feijoo coa súa política de marketing de publicidade e propaganda afirmou en diversas ocasións que estaba escudando cos axentes implicados a posta en marcha deste plan. Pero Losada insiste nas súas criticas “a realidade social económica e de Galicia demanda iniciativas, axudas e proxectos” e resume “pero unha vez mais o Conselleiro de Industria esta desaparecido”, concluíu.

 

 

PSdeG-PSOE
E-mail: ceng@psdeg-psoe.org