Santiago, 22 de xullo de 10. O secretario xeral dos Socialistas de Galicia, Pachi Vázquez, compareceu hoxe ante os medios de comunicación despois de manter unha reunión de traballo cos membros da área económica do Grupo Parlamentario. Ao rematar, denunciou a política económica e laboral de Feijoo, cualificando como “dramática” a situación na que se atopa agora Galicia como consecuencia desa política. Por iso, Vázquez insistiu na solicitude de creación dunha comisión parlamentaria co fin de “garantir o sistema de benestar e a viabilidade dás finanzas públicas galegas”.Tamén lle esixiu a Feijoo que cambie “a área económica do seu executivo”.
Vázquez chamou a atención sobre o feito de que, pese a ter levado a Galicia a unha situación dramática no económico e no laboral, Feijoo limítase a actuar como “un presidente choromicas “, xa que elude permanentemente as súas responsabilidades. O único que fai, engadiu Vázquez, “é tirarse polo tobogán dá demagoxia populista coas súas propostas de rebaixas impositivas”, explicou.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, trala reunión mantida coa area económica do Grupo Parlamentario, dixo que os datos evidencian que mais ala de tódalas accións propagandísticas do Goberno da Xunta, “Feijoo coloca a Galicia na maior crise económica, laboral e financeira desde que existe o modelo democrático”. Denunciou ademais que en ano e medio de Goberno non resolveu ningún dos problemas que dixo que ía resolver, “senón que afondou en todos eles”, insistiu.
Feijoo multiplicou por 2 o endebedamento
Sobre os datos económicos asegura que o PIB caeu en Galicia “1.7 puntos con relación a España”; medrou o desemprego “unha media do 20% fronte ao 6% de España”. A ocupación, engadiu, caeu en “71.000 galegos no ultimo ano” . Tamén aludiu a licitación de obra pública, que “caeu un 60%”. E a todos estes parámetros altamente negativos, sumoulle que o Goberno de Feijoo “multiplicou por 2 o endebedamento de Galicia”, posto que foi de 840 millóns en 2009 e elevouno a máis de 1.400 en 2010.
Pachi Vázquez lamentou que, con todo esto, as previsións que ofrece Feijoo son que “o peor ven agora” , o que proba, según Vázquez, que está instalado nun modelo fatalista, escudándose permanentemente en que“esto vai mal e vai ir a peor”. Remarcou tamén que coa súa forma de actuar, Feijoo está cuestionando a viabilidade dos servicios básicos públicos, como sanidade, educación ou dependencia. O modelo do Partido Popular, dixo, “é o dos recortes e o de cuestionar o público”.
“Non se pode minorar ingresos a través dunha caída de impostos”
Tamén aludiu “a incoherencia de Feijoo”, xa que por un lado afirma que lle faltan “mil millóns de euros para o presuposto do ano que ven e despois anuncia unha rebaixa de impostos”. Afondando na contradicción, explicou que senón hai investimentos para sanidade ou educación, como di Feijoo, “non se poden minorar ingresos a través dunha caída dos impostos”.
Dixo ademais que Feijoo “fai escapismo, non propón fórmulas para resolver os problemas de Galicia e busca que llos solucionen desde Madrid”.
O secretario Xeral do PSdeG-PSOE amosou a súa disposición para apoiar a Xunta na petición ante o Goberno central de aprazamento da devolución dos 2.584 millóns de euros que hai que reintegrar ao Estado polos anticipos a conta dos anos 2008 e 2009, pero insistiu en que “a de Feijoo é unha solución escapista e nada realista”. Neste sentido, lembrou que a maior parte dos 2.584 millóns de euros aos que se refire Feijoo os xestionou él mesmo ao largo do 2009 e tamén que o modelo de financiación cambiouse fai so 8 meses co asentimento do PP. Chegados a este extremo, dixo que co modelo anterior, o aprobado polo goberno de José María Aznar, sendo Fraga presidente da Xunta, Galicia tería que devolver o próximo ano 300 millóns de euros en lugar de 100 e no 2012, 1.300 en vez de 500.
Con este panorama da xestión de Feijoo, concluíu que a área económica do Goberno da Xunta, en concreto “as consellerías de Economía, Facenda ,Traballo e Industria, colleitaron un fracaso estrepitoso” e que polo tanto “o Goberno de Feijóo non se pode ir de vacacións anunciando para setembro recortes por 1.000 millóns de euros”.
Pachi Vázquez reclamoulle a Feijoo, como alternativa, loitar contra a fraude fiscal, redistribuír as cargas fiscais aumentando os impostos aos que máis teñen ou cambiar o modelo de licitación de obra pública para obter eses 1.000 millóns de euros. Advertiulle, ademáis, que ten que “ter coidado co modelo de financiamento público-privado”, xa que sinala “é incoherente” porque supón gastar diñeiro que non ten”.
Vázquez explica que “Feijóo ten, no seu goberno, un problema de credibilidade, de ética e de austeridade, o que repercute na economía”. Insistiu por elo en que “ten que cambiar o seu equipo de goberno”.