Psdeg-Psoe
Contactar

 
O PSdeG critica a indefinición e ausencia de programación financieira na Cidade da Cultura
Sobre os edificios que está previsto abrir este ano como o Arquivo e a Biblioteca, Leiceaga advirte que “non teñen capacidade para atraer visitantes”
21/07/10
 
 

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 10. O Grupo Parlamentario Socialista visitou hoxe a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela para comprobar in situ a evolución das obras e a previsión de funcionamento. O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista dixo que a programación cultural deste complexo non esta non esta definida “para que vai ser esto”, preguntou. Asegura que cada vez ten mais dubidas de que esto se este resolvendo ben, e di ademais que hai “retrocesos significativos na definición deste proxecto”, e cualificouna coma “moi ineficiente”. Denunciou que o Goberno de Feijoo “non é capaz de sacar algunha rendibilidade ao que xa está feito”. E criticou que a Xunta non presente ningún programa para o “autofinanciamento do complexo, e para que os custos non vaian sobre o lombo dos contribuíntes”, subliñou.


Tras realizar unha visita guiada co Grupo Parlamentario Socialista á Cidade da Cultura Fernández Leiceaga, en declaracións aos medios de comunicación, aludiu aos edificios que está previsto abrir este ano como o Arquivo e a Biblioteca. O portavoz socialista advirte que “non teñen capacidade para atraer visitantes”.


O dirixente socialista afirma que a previsión anunciada por Feijoo para o complexo xere ingresos este ano “non poderá cumprirse”. Insiste nas súas críticas e di que“a Xunta desaproveitou o ano Xacobeo para intentar sacar algunha rendibilidade á Cidade da Cultura”, espetou. Argumenta tamén que os datos e os prazos de aforro facilitados onte por Núñez Feijóo, en sede parlamentaria, do traslado á Cidade da Cultura dun centro de proceso de datos “dificilmente conseguiranse ata 2015 ou 2016”, xa que hai que ter en conta o custo do traslado de equipos e a adaptación do edificio.


Leiceaga preguntouse que van investigar os investigadores, e que se supón que van ir á Biblioteca e ao Arquivo?”. Ademais fixo referencia a conexión do complexo coa cidade de Santiago, e reiterou que a opción de construír un teleférico é a “mellor”.

Cinco conselleiros teñen que “cambiar”


Preguntado polos xornalistas sobre o Pleno Extraordinario celebrado na Cámara. Insistiu nas súas denuncias e asegurou que “algunha peza do Goberno da Xunta está fallando”, e reclamou que se “cambien” Conselleiros do Executivo Autonómico. E referiuse ás consellerías de Economía e Industria, Sanidade, Educación, Traballo e Benestar e Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. E explicou que “son os cinco conselleiros que teñen a responsabilidade máis directa no desgoberno actual”.

 

Ademais fixo alusión as cifras económicas. E lembrou que Galicia perdeu o diferencial positivo que tiña con respecto a España. “Estamos moito peor”, resumiu.

 

 

 

PSdeG-PSOE
E-mail: ceng@psdeg-psoe.org