Paula Fernández denuncia que a LOMCE impedirá que Galicia poida desenvolver políticas educativas propias

Paula Fernández denuncia que a LOMCE impedirá que Galicia poida desenvolver políticas educativas propias

Paula Fernández denuncia que a LOMCE impedirá que Galicia poida desenvolver políticas educativas propias

A Comisión Xeral das Comunidades Autónomas reúnese por primeira vez nesta lexislatura para abordar o contido autonómico da LOMCE

A senadora galega afirma que a lei que vén a referendar o traballo feito polo executivo de Feijoo de atacar, de forma sistemática, a educación pública

Asegura que a LOMCE apartará á lingua galega do grupo de materias troncais e acusa os conselleiros autonómicos do PP d esquecérselle das competencias e de defender, con vehemencia, unha lei que se rexe por principios ideolóxicos e por contentar á Igrexa

Paula Fernández PenaA senadora socialista pola Comunidade Autónoma de Galicia, Paula Fernández Pena, interveu na primeira reunión na presente lexislatura da Comisión Xeral das Comunidades Autónomas na que se abordou o contido autonómico do proxecto de Lei para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).

Fernández Pena sinalou que a Comisión debateu a nova distribución competencial que se pretende impoñer, sen consenso, a través da LOMCE e que ao seu xuízo, se trata dunha lei que pretende un cambio de modelo que impedirá de facto que Galicia poida desenvolver políticas educativas propias ao tempo que aparta á lingua galega do grupo de materias troncais.

A parlamentaria do PSOE subliñou que, "a pesar diso, non resulta estraño ver ao Conselleiro Galego defender o itinerario ideolóxico do Ministro Wert e converterse no abandeirado desta lei segregadora. Unha lei que vén a referendar o traballo feito polo executivo de Feijoo de atacar, de forma sistemática, a educación pública".

Paula Fernández Peña asegurou que "o goberno galego esqueceu cal é a realidade do noso territorio e se lanzou a aniquilar os dereitos educativos que custou tanto traballo conseguir na nosa comunidade".

Fernández Pena indicou que, ao mesmo tempo que o número de estudantes aumentaba, dende o ano 2011, en máis de 21.000 alumnos, se suprimiron máis de 1.100 docentes, deles os 1.058 no ensino xeral básico público, fronte aos 56 eliminados na educación privada. Ademais, puntualizou que dende o ano 2009 pecharon ata 90 escolas rurais, unha medida que tal e como recoñeceu o Valedor do pobo galego, obriga ao éxodo ás cidades.

A continuación, acusou o goberno galego de esnaquizar os dereitos adquiridos, como o comedor gratuíto para alumnos transportados e o sistema de repagamento, que aplican neste curso a familias de máis de 7.000 euros de ingresos, e que obrigou a moitas delas a abandonar o comedor porque non teñen para pagar, quizais, a única comida quente que tomará o seu pequeno en todo o día".

Neste sentido, continuou reprochando ao executivo galego que abandonaron un sistema de préstamo gratuíto de libros que promovía a solidariedade e a igualdade e que obrigan as familias a asumir a compra dos mesmos amparados na sempre eterna austeridade con axudas que non cobren as necesidades reais dos cidadáns. Ademais, demostran unha pertinaz obstinación por incumprir as sentenzas que lles ditan os xulgados, en contra das súas políticas, como o decreto do plurilingüismo ou as axudas aos centros que segregan por sexo.

Por outra parte, a senadora galega recoñeceu que lle tivese gustado preguntarlle ao Conselleiro onde ten pensado seguir recortando cando aproben esta lei, que cargará as Comunidades Autónomas cos custos derivados desta reforma. "Onde van seguir recortando? No transporte escolar? ", preguntouse. Paula Fernández Pena lamentou non lle ter podido formular esta cuestión e subliñou que, "probablemente pouco lle importaba porque abandonou a sala antes de que concluíse o debate".

Fernández Pena tamén recalcou que os conselleiros de Educación das Comunidades Autónomas gobernadas polo PP "esqueceron que hoxe viñamos a debater sobre competencias e o que fixeron foi defender, con vehemencia, esta lei porque é unha lei que protexe os principios básicos que esconden nos seus pretendidos discursos conciliadores: a ideoloxía e o interese".

"A ideoloxía, explicou, porque os seus recortes non son un exercicio puramente contable, máis ben responden á única visión que teñen da educación na que se antepón a educación privada á pública. E o interese porque a maior parte dos colexios privados pertencen á Igrexa. De feito, a LOMCE beneficia, e moito, á igrexa".

A parlamentaria continuou a súa recriminación aos conselleiros populares e sinalou que "hoxe teño claro que non defenderon os intereses das Comunidades Autónomas, que non se defenderon os intereses da comunidade educativa porque se o tivesen feito, tivesen levantado a súa voz para pedir a retirada desta lei,".

Paula Fernández Pena argumentou que a lei nunca debería saír adiante porque non se pode lexislar de costas á cidadanía e porque están a polarizar economicamente á sociedade. "Mentres Wert pretende segregar cunha lei que nace morta, vostedes viñeron hoxe aquí a aplaudir que retiren competencias a todas as Comunidades Autónomas", indicou dirixíndose aos conselleiros do PP.

Fernández Pena concluíu sinalando ao titular da carteira de Educación e reclamándolle que "tal como dixo esta mañá que prefire o consenso ao disenso, retire a lei".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar